Cuestión de prestixio.

Europapress.es sacaba á luz esta mañá unha nova na que o ministro de Educación, José Ignacio Wert, falaba sobre o valor que os profesores teñen para a sociedade. Dende a miña opinión, non lle falta razón a Wert cando di cousas como que os docentes "son un elemento capital de la que es hoy la principal materia prima del progreso de una sociedad, que es la capacidad de educar a sus jóvenes, de convertir a los jóvenes en agentes activos de su vida y en agentes activos del progreso de su país". Estamos a falar do futuro dun país, do progreso dunha sociedade que ten que saír a diante mediante uns mecanismos que se lle imparten (polos profesores e familias) dende pequemos. E... imos a deixar esta tarefa nas mans de calquera?

Wert plantexa que... "establecer un buen sistema de formación inicial en primer lugar" porque "un sistema educativo vale lo que sus profesores". Bo sistema de formación inicial nos di... pero estase a facer isto? Eu penso que a mellor maneira de implantar un sistema de formación inicial non é estar continuamente con cambios nas políticas educativas, cambios que se producen cada 4 ou 8 anos con sucesións de gobernos que tratan de "mellorar" o que eles cren que está relacionado coa educación. E con isto non digo que se faga unha lei e quede vixente para sempre, non. A Educación, como calquera outro campo, tense que reformar, modernizar e adecuarse ós tempos que corren, pero quizás, con tanto cambio, nos esteamos adelantando a estes tempos.

Con isto quero decir que está moi ben implantar políticas educativas que axuden á calidade de educación que tanto queremos, á conservación dunha sociedade crítica e autónoma con bases sólidas, a individuos que foron criados cunha metodoloxía educativa sen altibaixos que afectara ao seu coñecemento. Pero isto non se fará realidade ata que non contemos cuns pilares sólidos de formación daqueles que nos educan, os profesores.


Aquí podedes leer a noticia enteira e facer as vosas propias valoracións: 

http://www.europapress.es/sociedad/noticia-wert-dice-problema-maestros-profesores-no-suelo-lograr-sociedad-les-valore-20121126160308.html


Comentarios

  • Alba Gonzalez

    Estoy de acuerdo con que Wert ha dicho ciertas frases muy bonitas y que seguramente reconforta escuchar a las alturas en las que estamos, pero creo que el primero que debería respetar y valorar a los docentes debería de ser él mismo.

    He leído el artículo y al mismo tiempo que está diciendo que un profesor debería  tener una "remuneración adecuada" ya que deben tener un "prestigio social indudable" me planteo si lo que realmente quiere decir es: vamos a subirle el sueldo a los profesores, sí, pero prescindiendo de la mitad de ellos. Eso sí, los que queden, aunque tengan 40 alumnos por aula, tienen que tener cierto prestigio. Pues bien, siendo así, considero que esa no es la solución.

    Además, sigue comparándonos con Finlandia, una sociedad incomparable para nosotros y que tanto se empeñan en que alcancemos. Mi opinión en este sentido, es que las medidas que está tomando el señor Wert, no nos llevan ni a  la suela de los zapatos de lo que debería ser.