A calidade e o rendemento de contas

     Está claro que a calidade da ensinanza é hoxe en día o obxectivo primordial da política educativa e supón unha meta que incumbe a todos os membros do proceso educativo. Para solucionar os problemas do sistema educativo, é preciso mellorar os recursos dispoñibles e a atención específica garantindo así unha maior calidade educativa.  

     A escola dende os seus inicios, ten a necesidade de mostrar os resultados do seu traballo e de render contas a dous tipos de “clientes”. Por un lado, ao propio sistema educativo (director, inspección educativa…); e por outro lado aos alumnos/as, aos seus pais e nais e ao resto da comunidade educativa.

     Sen embargo ante esta realidade, podemos preguntarnos ¿a cal das dúas fontes de esixencias lle damos máis importancia?

     En xeral podemos dicir que existe unha tendencia moi clara, aínda que non por iso correcta, de considerar de maneira fundamental as presións que nos veñen por parte do sistema educativo, chegando a descoidar a atención dos nosos alumnos/as, os seus pais e nais e a comunidade, os que a miúdo non teñen a capacidade de facer chegar as súas esixencias. Estas presións que nos veñen de parte do sistema educativo non sempre teñen que ver coa calidade das aprendizaxes que queremos acadar.

     Se nos paramos a reflexionar por un momento, a razón de ser do profesorado e da escola, é a comunidade á que sirve e máis concretamente, os seus alumnos/as. Desta forma, se cumprimos cos alumnos/as e cos seus pais/nais, estamos a cumprir seguramente coas esixencias do sistema educativo. Podemos seguir o programa ao pé da letra, ser estritos cos calendarios, e sen embargo ao mesmo tempo, estar descoidando a aprendizaxe real dos nosos alumnos/as.

     Por outro lado, é natural que se estamos máis preocupados por cumprir co sistema que cos alumnos/as, tamén nos vai interesar pouco manter relacións cos pais/nais.

     Pola contra, se nos centramos nos alumnos/as preocupándonos polas súas aprendizaxes, seremos conscientes da importancia de relacionarnos coas familias e estaremos de cordo en que estas poden axudarnos a lograr os obxectivos propostos.

     A nosa obriga é render contas dos resultados do noso traballo a todos os nosos beneficiarios: alumnos/as, pais/nais, sistema educativo e ao resto da comunidade educativa. Non podemos agardar a que nos pidan contas para rendelas, porque iso é o que levamos facendo durante moito tempo e non nos levou a alcanzar a calidade que desexamos. Debemos render esas contas, pois ao facelo, tamén estaremos mellorando as capacidades dos nosos beneficiarios de esixilas. A esixencia é o principal motor da calidade. Se logramos satisfacer aos nosos verdadeiros beneficiarios, estaremos a cumprir con todo o sistema educativo.

 

Comentarios

  • Jeannina Búa Devesa

    Raquel en cuanto a lo que comentas, me parece interesarte contar una experiencia que vivi esta misma mañana. Participo en una asociación y entre otras personas, una de ellas es profesora así que hablando acerca de como está el sistema educativo hoy en día, de las competencias y conocimientos que se pretende que adquieran los alumnos/as, entre otras cosas, ella comentaba que tanto ella como una compañera de trabajo le gustaría pasar todo un trimestre trabajando la comprensión oral y escrita del alumnado puesto que, año tras año, en lengua se dan casi siempre los mismos aspectos que, al final y al cabo, no consiguen que el alumnado comprenda plenamente un texto ni estructure y desarolle perfectamente una composición. Sin embargo, su centro educativo está ahora misma atravesando un " proceso de calidad" ( entenderás las comillas ahora). Este proceso consiste en tener organizado desde el primer día de clase todo lo que tienen que realizar, desde el día uno hasta el último, los docentes tienen que tener una agenda en la que explican todo lo que hacen cada día y cada X tiempo se realiza una auditoria en la que se  les pregunta a los docentes acerca de que hicieron en clase X dia. De tal forma que, si no coincide lo que está marcado para ese día con lo que hicieron, la evaluación será negativa. Esto tiene como consecuencia en los docentes un continuo agobio y desesperación en el profesorado por no ser capaz de dar todo lo que en la programación se les obliga. 

     Con este ejemplo, quería ilustrar que, por desgracia, sigue habiendo personas en este contexto, que siguenpensando que la calidad educativa es poner un corsé (muy muy apretado) a la actuación de los docentes. Prevalece el rendir cuentas a la inspección educativa, administraciones, etc, dejando claramente a un lado los intereses personales y académicos del alumnado pues yo tengo claro que si esa profesora tuviera la libertad de trabajar la comprensión escrita y oral, sería mucho más enriquecedor y productivo para el alumnado.

  • Raquel Ferreiro Mareque

    Ola Yanin! Perdoa que non contextase antes ao teu comentario. A experiencia que contas é o reflexo da realidade que está a acontecer por desgraza na actualidade en algúns dos centros educativos. Supostamente preténdese alcanzar una calidade educativa, pero a que prezo?                                                                                  Se non existe un consenso claro sobre cales deberían ser os resultados da educación e se ademais disto non se entende o proceso e o resultado da educación como un todo sen poder separarse, será imposible lograr un sistema de avaliación da calidade educativa compartido e consensuado. E considero que para solucionar os problemas do sistema educativo, non chega con render contas ás administracións, como ti ben indicabas, senón que se debería comezar prestando unha maior atención específica ás necesidades do alumnado, de tal forma que á hora de avaliar a calidade da ensinanza se teñan en conta criterios que favorezan ao máximo o desenvolvemento persoal dos nenos/as adaptándose ás súas necesidades e intereses individuais.