Luis Miguel Velay Vivel

Despistado por tratar de atender a mil cosas al mismo tiempo, pero currante e interesado en mejorar en todo momento.

¿Cáles son os antecedentes históricos da orientación?

Pese a que o concepto actual de orientación é resultado dunha serie de acontecementos e achegas que se produciron ó longo do S. XX, a acción de orientar é un feito natural que sempre estivo presente nas diferentes culturas e ó longo da historia.

Polo tanto, os antecedentes atopámolos nos orixes da humanidade, aínda que as primeiras probas documentais atopámolas na cultura clásica grega, nos seus tres grandes filósofos. Sócrates defende un dos obxectivos prioritarios da orientación, o coñecemento de si mesmo. Platón di que é necesario determinar as aptitudes dos individuos para lograr o seu axuste e adecuación social. Aristóteles defende o desenvolvemento da racionalidade para poder elixir unha actividade en consonancia ós intereses dos suxeitos.

Durante a Idade Media, podemos destacar algunhas obras de Santo Tomé de Aquino, coma Summa Theologiae e Quaestiones Disputatae, que conteñen suxerencias pedagóxicas para levar a cabo unha ensinanza eficaz baseada no coñecemento e desenvolvemento das potencialidades humanas. Ramón Llull, en Doctrina Pueril, defende que cada quen escolla a ocupación que mellor poida desempeñar de acordo coas súas capacidades e preferencias.

O Renacemento sitúa ó home como centro do mundo, o que fai rexurdir novas ideas de corrente humanista e que repercutiran no desenvolvemento histórico da orientación. Podemos destacar nesta época a tres españois: Rodrigo Sánchez de Arévalo ,que en Speculum Vitae Humanae, fala da importancia de proporcionar información adecuada sobre as distintas ocupacións para poder realizar unha adecuada elección profesional. Juan Luis Vives, que en De tratendis disciplinis, opina que se deben coñecer as aptitudes da persoa ara orientala cara as profesións máis acordes con ditas aptitudes, e en De anima et vita fala da conveniencia de que os docentes se reúnan periodicamente para coñecer as características de cada alumno e poder guialos en funcións destas. Juan Huarte de San Juan, que en Examen de ingenios para las ciencias di que os homes son diferentes por mor da súa natureza innata, polas influencias do ambiente e pola educación recibida; ademais, a cada un correspóndele unha profesión determinada debido ás habilidades que a persoa posúe.

Tamén poderían ter cabida aquí autores coma: Montaigne, Descartes, Pascal, Montesquieu, Locke, Berkeley, Hume, Kant e Karl Marx, polas súas ideas encamiñadas a valorar as diferenzas individuais, a elección profesional, a influenza da educación e a experiencia na toma de decisións e o coñecemento das aptitudes persoais e dos oficios.

 

Fonte bibliográfica:

- Bisquerra, R. (Coord.). (1998). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Barcelona: Praxis