• Blogs
  • ...
  • Retiro anticipado de docentes ante o temor a cambios nas súas condicións.

Retiro anticipado de docentes ante o temor a cambios nas súas condicións.

Hoxe falarei sobre unha noticia atopada no xornal "El Progreso" de Lugo, a cal chamou a miña atención. Nesta noticia fálase do aumento de retiros anticipados de docentes ante o temor a cambios nas condicións.

http://elprogreso.galiciae.com/nova/214582.html

O caso, é que nos anos 2011 e 2012 foron 143  e 121 docentes respectivamente os que se retiraron dun xeito anticipado en Lugo, xa que o temor por parte destes profesionais ante o empeoramento das súas condicións, lévaos a pedir a xubilación anticipadamente, pois no ano 2011 suprimiuse a xubilación anticipada incentivada. E foi un feito que chamou a miña atención xa que despois de falar na miña última entrada ó blog sobre a desmotivación dos profesores, agora atopo unha noticia na que se fala dun tema preocupante en relación ó anterior, xa que foron moitos os profesores que abandoaron as aulas lucenses de xeito anticipado por medo ás condicións que se lles está a impoñer actualmente.

Este é un feito, que en concordancia co falado sobre a desmotivación dos profesores, amosa a pouca consideración que se lle ten no momento actual á profesión docente, e que leva a tantos profesores e profesoras a xubilarse por "medo" a continuar no seu posto e ás condicións que se lles imporá.

E xa para rematar, gustaríame lanzar unha pregunta ante esta situación: ¿É este o final merecido e desexado para eses grandes profesionais que adicaron toda a súa vida a ensinar e convertirnos en mellores persoas? Agardo respostas.

Comentarios

  • PAULA ALBORÉS DIOS

    Como ti vén dis, Ígor, iso está pasando, pero non só na provincia de Lugo, pois na zona do barbanza, tamén se está dando esta situación, pois mestres que aínda non lle corresponde coller o retiro, vanse a aproveitar do mesmo antes de que remate o ano, pois así me contaron a súa situación, pois dubidan de que para o ano o poidan facer coas mesmas ventaxas coa que o van a facer agora.

    Creo que ese non é o final que merecen, pois moitos deles puideron ser mestres dos meus irmáns e meus, dos que aprendemos moitos e ós que lle avala unha gran expereriencia, si queremos dicir doutros tempo, pero ó fin e ó cabo unha grandísima experiencia. Ademais, antes eran profesionais moi valorados e respetados na súa profesión, cando hoxe en día só obteñen malas constestacións, malas caras,... e un largo etcétera. Dende logo para min teñen moito respeto e dame pena acabar así una profesión que tanto amaron para desempeñala con cariño e paciencia.

  • ...

    Estou completamente dacordo contigo Paula, xa que é unha pena que os profesores estén perdendo todo o prestixio social que gañaron nos últimos anos, parecendo incluso que a súa imaxe social retrocede a tempos da primeira metade do século pasado, cando esta profesión a penas tiña recoñecemento social e moito menos económico. Neste sentido, recomendaríache unha visita ó Museo Pedagóxico de Galicia (se non o visitache xa), pois nel poderás comprobar o testimonio de moitos profesores dese tempo, falando da precariedade da profesión.

    E é que na actualidade parece que tras ter recuperado boa parte dese prestixio que tódolos mestres merecen, estamos a voltar a eses tempos nos que esa xente que se adica como ben ti dis con cariño e paciencia a formar ás futuras xeracións a penas gozaban de ningún prestixio nin recoñecemento por parte da sociedade. Sen lugar a dúbida, unha inmensa pena e un enorme retroceso.