PRACTICUM II

Para volver a comenzar esta nova andaina na plataforma, pero esta vez en relación a materia de Formación e Desenvolvemento profesional do profesorado, gutaríame facelo falando do lugar donde realicei este e as actividades que nel levei acabo.

A institución na que realicei dito Practicum foi Nortempo ETT, unha empresa que comezou a súa actividade no sector dos Recursos Humanos no ano 1991. O coñecemento e experiencia adquirida converteuna nunha das principais empresas do sector.

Supera os 40 centros de traballo interconectados ó longo de todo o territorio nacional dende os que proporciona o mellor servizo os seus clientes.

A estratexia empresarial do grupo está baseada no coñecemento local e o desenvolvemento dun servizo especializado en cada mercado. A integración de empresas rexionais líderes, Euroempleo en Cantabria e TTA en Andalucía, reforzan o proxecto de desenvolvemento da primeira empresa do sector con capital 100% nacional.

As actividades educativas que fundamentalmente se desenvolven céntranse na área de “Formación para o emprego”. Todas estas actividades van dirixidas tanto o grupo de empresas (que poderíamos chamar tamén departamentos) que conforman o Grupo Nortempo como ás empresas clientes desta.

O Grupo Nortempo distribúe as súas oficinas ó longo de toda España e Norte de Portugal, tendo como sedes centrais as oficinas de A Coruña e Santiago de Compostela. Oficina esta última na que tivo lugar este Practicum.

Durante toda a miña estadía nesta empresa tiven a oportunidade de levar acabo varias actividades:

  • Selección Curricular: Unha das primeiras tarefas que se me encomendou na miña chegada a Nortempo foi a da selección curricular.
    Esta actividade realízase en función ós currículos que os pretendentes a un posto de traballo envían ós portais de emprego, nos cales Nortempo funciona como xestionador, ou ben tamén nos recepcionados nas oficinas propias. A selección curricular realizada foi de diferentes postos de traballo, cada un cuns criterios diferentes de selección.
  • Atención ó cliente: Unha das actividades encomendadas é a da atención dos clientes que chegan á oficina. Neste caso poden pasar dúas cousas, si o cliente ven a deixar rexistrado o seu curriculum, atendereino eu, e explicareille como cumprimentar unha ficha na que aparecen os seus datos persoais e intereses laborais, e recollerei esta ficha ademais dunha copia do curriculum persoal; o cal terei que leer e clasificar segundo rama profesional a que se pode adicar a persoa que entrega o curriculum. Si pola contra o cliente desexa realizar un trámite administrativo, deberei tomarlle datos e pedirlle que espere, para despois avisar á persoa que máis conveña.
  • Creación dun curso na Plataforma On-line: Unha das actividades realizadas durante este período de prácticas foi a de crear un curso de Formación para Acompañantes de Transporte Escolar. Este curso desenvolveuse de forma On-line, utilizando as tecnoloxías do e-learning.
  • Titorización do curso anterior: Unha vez creado todo o necesario no apartado anterior, outra actividade que se me encomendou durante o período de prácticas, foi o de titorizar o mesmo, para iso volveuse a ler todo o material referente o curso e despois de aclaradas as dubidas comezou a miña tarefa como titor do mesmo
  • Orientación Laboral: En Nortempo cóntase cun servizo de Orientación Laboral, que ten dúas funcións principais:

    • Orientación ás persoas que acoden ó Centro Especial de Emprego (Norintegra).
    • Orientación a persoas que buscan un posto de traballo.
  • Entrevistas persoais: Unha vez seleccionados os curriculums realízanse as entrevistas persoais, que son de dous tipos:
  • i)        Entrevistas telefónicas: Estas entrevistas realízanse unicamente para contrastar que a información aportada polo “candidato” no curriculum é correcta e para concertar unha entrevista persoal.

     

    ii)      Entrevista persoal: Este tipo de entrevistas realízanse para ter un coñecemento máis profundo do “candidato”, nesta parte da selección de persoal fixarémonos fundamentalemente no aspecto e nas actitudes de cada un. Ademais de constatar de novo que a formación e a experiencia que aparece no curriculum é verdadeira.