PRACTICUM II: Perfil profesional do titor

Nesta entrada pareceme interesante retomar o tratado na entrada anterior e mostrar o perfil profesional da miña titora na institución na que realicei as practicas:

DATOS DE INDENTIFICACIÓN:

  • Centro de traballo: Nortempo ett
  • Actividade principal do posto: Xestión de RR.HH
  • Posto de traballo: Directora de RR.HH.
  • Titulación: Licenciada en Psicoloxía con Master en RR.HH.
  • Sexo: Muller.

DESCRIPCIÓN DO POSTO DE TRABALLO:

  • Funcións: As Funcións da miña tutora de prácticas centrábanse en xestionar os RR.HH, tanto, da propia empresa, como de empresas externas que solicitaban este servicio. Para elo levaba acabo actividades de deseño de programas de formación, selección de personal, orientación laboral….
  • Métodos/ Técnicas/ Procedementos/ instrumentos: Para a realización de ditas funcións utilizanse básicamente dous procedementos clave que son a entrevista persoal e a avaliación de necesidades. Para elo utilizanse como principales instrumentos a observación e os cuestionarios.
  • Destinatarios: Os destinatarios destas actividades son os traballadores, ben da propia empresa e das empresas clientes.
  • Lugares/escenarios: Os escenarios principais centranse no mundo da empresa, así que poderiamos decir que a empresa e ó escenario de actuación.

FORMACIÓN E COMPETENCIAS:

  • Formación inicial e específica: A persoa que titorizaba a miña estadia neste centro tiña unha formación inicial como Psicóloga e unha especialización cun máster en RR.HH.
  • Titulación de acceso requerido: Para acceder a este posto de traballo era necesario poseer un título universitario e ter realizado unha especialización en RR.HH.
  • Forma de acceso: O acceso a este posto, ó tratarse dunha empresa privada, é mediante a publicación dunha oferta de emprego. Ainda que unha vez seleccionado o aspirante deberá realizar un curso de formación inicial da empresa e terá que superar un exame en base a este.
  • Que se valora para entrar: Para entrar neste posto teñense enconta dous aspectos. Por un lado a formación académica relacionada cos recursos humanos e por outro a experiencia en postos similares.