O galego e a LOMCE

Tras leer a noticia que a Sexta publicou hoxe sobre a LOMCE, cada día son máis os contras que lle vexo a este anteproxecto. De toda a nova emitida, quédome cun anaco que me pareceu moi relevante, e di: En esas comunidades, las autoridades podrán conceder un trato "diferenciado" a la lengua cooficial respecto del castellano en una proporción "razonable", pero sin que "en ningún caso" suponga de hecho su exclusión. Si no existiera oferta docente pública o concertada en la lengua vehicular elegida por los padres o tutores, podrán optar porescolarizarlos en centros privados, "correspondiendo a la administración educativa sufragar los gastos de escolarización".

Galego, exclusión, trato diferenciado, centros privados... son as ideas cas que me quedo eu deste anaco da nova. Wert pretende "un trato diferenciado" para a lingua cooficial, no noso caso, o galego. Trato diferenciado que se traducirá na práctica a unha minusvaloración deste, aínda que o noso ministro asegure que non se trata de exclusión. Trato diferenciado? A súa situación xa non é a mellor respeto as outras linguas cooficiais e polo tanto, esta non mellorará. Non se debería apostar por unha sociedade na que convivan as distintas linguas, sen preferencias dunhas sobre as outras? Como galega que son, non creo que sexan os tempos máis prósperos  para quitarlle dereitos a nosa lingua, que para moitos de nós, é lingua nai.

 Aquí podedes leer a nova enteira: http://www.lasexta.com/noticias/nacional/ccaa-pagaran-escuela-privada-cuando-falte-oferta-publica-castellano_2012120300318.html