Disciplina

Buscando a estrutura de orde de Doyle cheguei, non sei moi ben cómo, grazas á opción de abrir varias pestañas no buscador, a unha obra que me pareceu de gran interese sobre a disciplina, concepto que tamén foi comentado nas sesións de clase antes do período de Practicum.

A obra da que estoy a falar é La disciplina escolar, onde o autor Antonio García Correa define a disciplina de clase como “un conxunto de actitudes, desenvoltas polo profesor, dirixidas a conseguir que o alumno esté ocupado e traballando nas tarefas instruccionais e a minimizar os comportamentos disruptivos do grupo”.

A función do profesorado, segundo este autor, é integrar condutas de carácter evolutivo nas tarefas de aprendizaxe, facilitando a comunicación e a interación na aula, aprendendo así as normas sociais cumprindo con unha das funcións da escola que é preparar ao seu alumnado para a vida en sociedade.

Obedecendo ao que redacta García Correa e pensando na formación do profesorado debemos sinalar a importancia de unha formación específica como docente onde poder ensinar aos futuros docentes a integrar estas condutas e a fomentar valores que nos conduzan cara unha comunicación óptima, dándolle importancia ao feedback, superando a visión do profesor ou profesora como experto que simplemente expón os seus coñecementos.

Este autor dinos que a disciplina non é ou non se consigue coa autoridade do profesor ou profesora, senón que o obxectivo da disciplina é “facilitar a evolución cara unha situación cara unha situación na que o exercicio efectivo de ese control […] vaia facéndose cada vez menos necesario”, isto relaciónase co dito anteriormente, é dicir, o/a docente ten que ser capaz de levar ao grupo cara os seus obxectivos, non nos esquezamos que o obxectivo principal de calquera docente é que os seus alumnos e alumnas aprendan, tanto en coñecementos, como procedementos e actitudes.

Para reflexionar sobre o dito podemos recordar os tres tipos principais de liderazgo, o autocrático, o democrático e o liberal; recordando isto sabemos que un grupo con un líder autocrático, que é o que ten máis autoridade, non consigue chegar tan eficazmente aos obxectivos. Polo que é máis importante exercer control e non impoñer autoridade.

En relación ao control e a súa xestión, García Correa  dinos que a xestión que se produce na aula non é a mesma que a disciplina de unha fábrica ou do cárcere. E para este autor as funcións da disciplina son:

-          A socialización.

-          O comportamento non é un fenómeno espontáneo, senón é a resposta ás demandas e expectativas dunha sociedade.

-          Interiorización de estándares morais.

-          Os controis externos aportan máis seguridade ao alumno ou alumna nas súas condutas, xa que a súa capacidade de autocontrol é limitada.

Nembargantes, o filósofo francés Foucault, na súa obra Vigilar y castigar, sinala ás escolas como novas institucións de control, grazas as disciplinas (técnicas para exercer o control).

As disciplinas utilizan tres instrumentos que podemos observar claramente tamén na escola. Estes son:

-          Vixilancia xerarquizada, é dicir, construiranse edificios para exercer control desde dentro, estes non están feitos para “ver” desde fora, nin para “ver” o exterior. Este punto podémolo relacionar rapidamente coa escola, aínda que hoxe en día se traballe para que esta sexa aberta. O exemplo máis claro sería que un veciño ou veciña descoñece o que ocorre no centro educativo do seu barrio, así como o propio centro imparte ensinanzas moi descontextualizadas.

-          Castigo disciplinario, todos e todas os alumnos e alumnas deben chegar a uns requisitos mínimos, iguais para todo o alumnado, se isto non é así o castigo é o suspenso con todo o que implica. Tamén nos di Foucault que esta institución, como o cárcere ou unha fábrica, tende a eliminar as desviacións e dirixirse a normalización.

-          Examen, o exame é unha “vixilancia que permite calificar, clasificar e castigar”. Gracias ao exame o alumno ou alumna convértese nun obxecto descriptible e analizable que fai que exista un sistema comparativo que nos permite o estudo de fenómenos globais, este punto está totalmente relacionado co anterior.

Máquina de Tonucci

A, xa conocida por todos e todas, Máquina de Tonucci.

 

Webgrafía:

http://books.google.es/books?id=Ut2z-lNR6psC&pg=PA17&lpg=PA17&dq=doyle+estructura+de+orden+disciplina&source=bl&ots=FFPlF5E4Vt&sig=-C2A0GY0aDFImEw3ihUaoroP0OA&hl=es&sa=X&ei=8CWuUI2NJMS0hAfLtIGwDA&ved=0CDUQ6AEwAQ#v=onepage&q&f=false

http://es.wikipedia.org/wiki/Vigilar_y_castigar

Comentarios

  • Lourdes Montero

    É dicir, que non atopaste o texto de Doyle. Fágoche chegar a referencia: Doyle, W. (1986).Classroom organization and manegement. In M. C. Wittrock (Ed.) Handbook of Research on Teaching. Third edition: New York: Macmillan, 630-647. Por se algunha vez tiveras interese en profundizar sobre o coñecemento da aula como parte do coñecemento porfesional dos profesores

    Saúdos

    Lourdes