A oposición e a LOMCE

Hoxe era noticia na Voz de Galicia un titular coma o seguinte: 

Rubalcaba acusa a Wert de usar la lengua como una «batalla táctica»

Nel, expoñíase a posición de Rubalcaba sobre a LOMCE. Este amosouse totalmente contrario ao anteproxecto de Wert con frases como "el modelo del PP se basa en que, cuando los niños fracasan hay que echarlos a la calle, y eso es barato y cruel". Pois ben, na miña opinión non lle falta razón. Non compensa invertir en Educación para un futuro non moi lexano? Non todos temos dereito á educación? Se en sucesivas "reválidas" se nos corta o progreso escolar, é bastante provable que chegado un momento da nosa vida, os alumnos menos avantaxados intelectualmente, xa se vexan encamiñados a un destino máis mecánico que teórico.

Ademais, conta a variable da motivación. Ou máis ben da desmotivación, xa que coa LOMCE, este trazo non se potencia nos alumnos que menos destacan, o que derivará nunha progresiva baixa autoestima. Se estes alumnos foran reforzados dende un primeiro momento, co apoio necesario nas súas etapas da vida, cun avaliación contínua por parte dos profesores, no seu día a día... aspectos como a motivación ou a autoestima crecerían. Pero para isto, fai falta personal entregado, responsable, formado e que se rixa por políticas adecuadas ao contexto no que vivimos. Porque xa decía Bob Talbert que "os bos profesores son caros, pero os malos, sono aínda máis", e na miña opinión, o mesmo pasa coa educación.

Aquí podedes leer o artigo enteiro: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2012/12/05/rubalcaba-acusa-wert-usar-lengua-batalla-tactica/00031354700792604494928.htm