Sentido e importancia da intervención psicopedagóxica nos procesos de E-A

imageO asesoramento e intervención psicopedagóxicos teñen como obxetivo ser útil ós centros escolares; por iso, debe procurar que todas as actuacións lles sirvan de apoio e soporte nos distintos prismas en que se atopan comprometidos, dende os procesos educativos e curriculares ata os aspectos de organización, de estrutura e de funcionamento das institucións.

Dende esta perspectiva, a aportación máis sobresaínte da intervención ha de ser proporcionar un marco conceptual psicopedagóxico que permita explicar as distintas actividades que ocorren no centro e formular propostas de actuación coherentes. O asesoramento debe centrarse, pois, nas actividades educativas, curriculares, organizativas e de estrutura; nas actuacións do profesorado, nas conductas dos alumnos/as; na variedade de servizos e apoios que recibe o centro... o que o convirte nunha instancia de soporte para toda a institución escolar.

Isto é asi porque calquer feito educativo se produce e se desenrola a través da interacción de todos (ou boa parte deles) os seus elemenos constitutivos: o profesorado e as súas actividades educativas e curriculares; o alumnado coas suas características e os seus procesos de aprendizaxe; a estrutura do centro e os órganos dos que se dota; o funcionamento e a disposición que o regulan...

A intervención non debe limitarse únicamente a unha calquera das variables reseñadas anteriormente senón a todas elas e, en especial, á interrelación que se establece nun momento concreto, posto que todas elas se inflúen e se afectan mutuamente. É dicir, en toda actividade educativa existe un contínuo entre as distintas actuacións que se levan a cabo, de tal maneira que, determinado aspecto particular e concreto incide noutros, igual de concretos, pero tamén nos diversos aspectos globais e viceversa. Por iso as respostas que se producen en determinadas circunstancias configuran un continuo onde nun extremo aparecen os elementos máis particulares e no outro os máis globais e xerais.

O asesoramento psicopedagóxico debe contribuír á tarefa de relacionar constantemente o particular co xeral, ben sexa polas razóns expostas, ben sexa para que moitas innovacións e actividades pedagóxicas que se levan a cabo nos centros escolares atopen un marco interpretativo que permita aproveitar os diferentes aspectos que deben conservarse, da súa valiosa aportación na resolución de determinadas situacións, e modificar ou eliminar as que non son útiles. Isto toma maior relevancia ó observar os continuados cambios educativos, curriculares, organizativos e incluso normativos que se realizan nos centros dun curso para outro (ou dentro do mismo ano), e que moitas veces conleva, por exemplo, a repetir “experiencias” xa abandonadas pola sua ineficacia.

Ademáis, se se quere que as innovacións educativas valiosas perduren e pasen a formar parte do quefacer habitual e cotiá, é imprescindible que aquelas se contemplen e se incorporen na estrutura organizativa e nas normas reguladoras do funcionamento do centro, pois do contrario pérdense e evapóranse con facilidade, o cal provoca que o profesorado deba invertir un maior esforzo, voluntarismo e desgaste nos procesos pedagóxicos que leva a cabo.

Noutro orde de cousas, sábese que os procesos educativos, curriculares e organizativos se desenrolan a través do diálogo e a interacción de todos os compoñentes que constitúen a comunidade educativa e das interlocucións e interrelacións que se establecen entre os distintos órganos que conforman a estrutura do centro. Por iso o psicopedagogo/a debe coñecer estes órganos, as súas funcións e as normas que regulan as súas interrelacións, debe participar, puntual ou asiduamente, nos distintos órganos e instancias organizativas do profesorado e intervir en cada un deles para contribuir ó seu bo funcionamento e ó adecuado desenrolo das súas funcións.

Dende esta perspectiva, o asesoramento psicopedagógico debe colaborar co profesorado e os seus órganos de goberno e de coordinación pedagóxica, nos aspectos máis relevantes da planificación e desenrolo das respostas educativas, curriculares e organizativas, proporcionando as axudas psicopedagóxicas especializadas, dende o respeto escrupuloso ás funcións e responsabilidades de cada un dos profesores/as.

A participación activa do psicopedagogo nos distintos órganos de goberno e de coordinación pedagóxica facilítanlle un coñecemento amplo e relativamente completo da vida do centro, o cal, unido ás competencias que lle confire o seu perfil profesional e as súas funcións, proporcionanlle as mellores condicións para considerar e analizar a maioría de aspectos que interveñen nos procesos educativos, sistematizalos e interpretalos de acordo cun marco psicopedagóxico coherente.

Ademais das razóns descritas, existen outras que xustifican a intervención nos diferentes órganos do centro. A actividade educativa do profesorado céntrase no deseño e planificación curricular, co obxetivo de adecuar o curriculo oficial ás características de cada centro e ás necesidades dos alumnos a través de diferentes instancias organizativas. Así, o referente básico da intervención psicopedagóxica debe ser o currículo e o seu desenrolo, co que é conveniente que participe nos distintos órganos que toman decisións, en cada un dos niveis de concreción curricular.

Esta estratexia de ensinanza adaptativa, para levala a cabo, require diversificación dos procedementos educativos, didácticos, organizativos e no funcionamento do centro, tanto no que se refire á estrutura mesma da etapa, do Proxecto Educativo, do Proxecto Curricular de etapa e das Programacións de Aula e das actividades de ensinanza e aprendizaxe.

En consecuencia, a actividade pedagóxica dos centros debe focalizarse, por unha parte, nos elementos que configuran o currículo e por outra nos órganos da estrutura organizativa do centro que posibilitan que os profesores/as tomen as decisións educativas e curriculares máis adecuadas en cada un dos ámbitos de planificación.