O asesoramento directo como modalidade de formación.

     O asesoramento directo pode ser considerado como unha modalidade de formación que posibilita ofrecer un apoio in situ, en función das demandas concretas dos profesores e dos centros como poden ser: a adaptación aos cambios educativos, o apoio a investigacións, proxectos e experiencias innovadoras, elaboración de diverso material didáctico, etc.

     O aproveitamento deste asesoramento só será asegurado se previamente os profesores identifican e trasladan con claridade o problema práctico, e se posteriormente se comprometen a levar a cabo unha aplicación autónoma dos coñecementos adquiridos. Ademais é preciso contar con suficientes asesores formados axeitadamente (que mostren gran empatía nas relacións interpersoais, capacidade de motivación, comunicación, reflexión, coordinación e resolución de conflitos, etc.) para poder levar a cabo este tipo de tarefas tendo en conta a diversidade de profesorado con itinerarios de formación inicial e intereses profesionais e persoais moi heteroxéneos.

     Sen embargo na actualidade, debido aos cambios que afectan á escola, e que desbordan con frecuencia ao profesorado, produciuse unha sucesiva ampliación das funcións atribuídas ás instancias de asesoramento, supervisión e formación, que se ven sometidas a unha gran cantidade de demandas que deben afrontar, sen contar sempre coas competencias axeitadas, coa formación precisa nin con unha delimitación clara das súas responsabilidades. Todo isto, dificulta en gran medida o desenvolvemento desta modalidade, e ante esta situación, faise preciso clarificar de antemán a natureza da intervención do asesor/a para poder situala nun marco real e que se eviten desa forma expectativas desmesuradas.

     Bolívar (1999) entende ao asesor como “ el agente que apoya el desarrollo profesional y organizativo”. (202)

     Por outro lado, Nieto Cano (1993) define o proceso de asesoramento como “un proceso de ayuda o apoyo, sistemático y sostenido en el tiempo, con el  propósito de facilitar la resolución de problemas en los centros escolares” (125).

     Marcelo (1996, 29) caracteriza este proceso dunha forma máis ampla aportando os seguintes aspectos:

  • Supone  un proceso de ayuda y apoyo que involucra en un proceso de comunicación a las persoas implicadas”.
  • “Supone un proceso orientado hacia el cambio y la mejora”.
  • “Supone un proceso que requiere un compromiso compartido de responsabilidad por parte de los asesorados y habilidad por parte del asesor”.
  • “Supone un proceso que necesita una relación de cordialidad y apertura en la que no exista una relación administrativa de superior/subordinado entre el asesor y los profesores, sinó una actitud predominante de generar un conocimiento compartido en torno a la innovación que se queira llevar a cabo o a la  práctica que se queira revisar”.

     Así pois, o asesoramento é entendido como a axuda que se presta para que o centro avance. De modo que os centros deben dotarse de estruturas que lideren os procesos de cambio e que combinen a necesaria dirección de ditos procesos coa imprescindible participación de todos os implicados. Isto é preciso para o bo funcionamento, e tamén unha condición necesaria para que poida existir asesoramento e que este sexa unha axuda, para que poida centrarse nos aspectos elementais da tarefa e para que se poida ir regulando.

 

  • Bibliografía:

- Fernández Tilve, M.D., Las modalidades de formación del profesorado en ejercicio, Granada, Grupo Editorial Universitario, 2000.