A USC quere lanzarse á enseñanza virtual.

Así abría a portada o xornal da " Voz de Galicia" o pasado sábado. Ao parecer, a USC quere lanzarse cara o reto da enseñanza virtual con unha plataforma de cursos.

A capacidade da enseñanza da universidade xa non terá límites, e é que a USC planea seguir o camiño aberto por outras institucións educativas anglosaxonas ( especialmente norteamericanas), e apuntarse ao mundo do cursos virtuais masivos. Esta aula transládase a Internet.

Sin embargo, antes da creación da plataforma estable para a organización de estes seminarios, a Universidade quere probar a aceptación que estos terían diseñando unha experiencia piloto en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia, o que permite aproveitar a experiencia que xa atesora o organismo na área de aprendizaxe a través da rede e a dispoñibilidade da tecnoloxía necesaria.

A Universidade incluso diseñou un calendario para as probas e a posta en marcha de esta plataforma. Segúns os seus plans, a primeira fase de creación da plataforma, completaríase no primeiro semestre do 2013, mentras que a proba piloto tería lugar entre julio e noviembre do próximo ano.

Ao finalizar esta experiencia piloto sería necesario establecer un marco de colaboración definitivo entre o CESGA e a USC. Na última fase, sería a consolidación do sistema que se desenvolvería a partir de Noviembre do próximo ano.

A Universidade ten claro que en esta primeira experiencia piloto non será necesario alcanzar unha rentabilidade económica, pero que de seguir adiante co proxecto habería que marcar unha política para o sostemento dos cursos virtuais.

Na miña opinión esta noticia é moi boa, e mais nos tempos que corren, para dalgún xeito facilitar a enseñanza de aqueles que por algún motivo non poidan asistir a unha enseñanza normalizada. Ademais, paréceme unha boa idea probar a eficacia de esta plataforma con pequenos cursos antes de sumerxirse en enseñanzas mais serias.

.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/12/08/usc-quiere-lanzarse-ensenanza-virtual-plataforma-cursos/0003_201212S8C5993.htm

Comentarios

  • Iria Rodríguez Iglesias

    Paréceme unha iniciativa moi apropiada a sociedade actual e imaxino que se centrarán en cursos de máster para poder ampliar a súa accesibilidade. En España tamén se comeza a ver este modelo, xusto onte buscando másteres en diferentes universidades atopei un na Universidade de Murcia que se impartía unicamente online.