Modelo Clínico de Intervención en Orientación vs Modelo Remedial de Asesoramento

   Monereo en 1996 define o Modelo Remedial ou Asisitencial de Intervención en Orientación (comunmente coñecido como modelo clínico) como aquel modelo individualizado e intensivo realizado nun momento concreto e con finalidade remedial da orientación. A acción do orientador neste modelo é xeralmente externa ó centro e este é considerado como un especialista que atende ó suxeito en sesións periódicas. A relación co profesorado  é asimétrica, é dicir, o orientador é o experto da situación planteada polo orientado.

   Contemplando esta definición do modelo clínico de orientación considero que coincide en moitos aspectos co Modelo Remedial de Asesoramento definido por Gerardo Echeita e Isabel Cuevas que recentemente subín como arquivo, no cal se define o asesorador como un experto, que mantén co cliente unha relación asimétrica, que se fai cargo dos problemas que lle derivan, é dicir, que os remedia. Os alumnos e mestres manteñen neste proceso de asesoramento unha actitude pasiva, aceptando o diagnosticado e proposto polo asesor.

   Como se pode observar estas características coinciden claramente co modelo clínico de intervención en orientación, e aínda que no debate xurdido na aula eu considerei que dito modelo non podería ser de asesoramento polas súas características, tras a observación de que gran cantidade de autores utilizan este modelo de asesoramento remedial  nas súas clasificacións determino que si que o é, aínda que non sexa o modelo óptimo de asesoramento ó que debemos aspirar na nosa labor como asesores.