Luis Miguel Velay Vivel

Despistado por tratar de atender a mil cosas al mismo tiempo, pero currante e interesado en mejorar en todo momento.

Orixes e evolución da Orientación

Orixes

O forte proceso de industrialización e os cambios sociais de finais do S. XIX fan necesaria unha intervención baseada na axuda ós individuos para que se puidesen adaptar ós cambios e adecuarse ás novas situacións laborais. Créanse servizos de orientación profesional para facilitar a situación de cada traballador nun posto laboral. Como actividade organizada, a orientación ten os seus inicios no S.XX nos Estados Unidos, coas achegas de Parsons, Davis e Kelly.

NO S. XIX Edward Hazen en The Panorama of Professións and Traders, propón nas escolas un curso sobre oficios e ocupacións, ademais de visitas ós lugares de traballo. John Sidney Stoddard en What I shall Do?, elabora un listado de profesións onde ofrece información sobre elas. George Merrill elaborou na Escola de Artes Mecánicas de San Francisco un servizo de orientación dirixido ós alumnos para facilitar a súa inserción socio-laboral e para asesoralos tamén logo de finalizar os seus estudos.

Parsons, figura máis destacada, crea en Boston a primeira Oficina de Orientación Vocacional, un servizo público á marxe do sistema educativo, pese a que despois propugnará a integración da actividade orientadora na ensinanza. Nel tentaba coñecer á persoa para adecuala ó traballo máis idóneo. Na súa obra Choosing a Vocation emprega por primeira vez o termo vocational guidance, precursor da corrente de rasgos e factores. En 1910 celébrase o primeiro Congreso de Orientación en Boston. Un ano despois, intégrase a Oficina de Orientación Vocacional na Universidade de Harvard.

Jesse B. Davis propuxo a integración da actividade orientadora no currículum escolar. En 1913 establece un sistema centralizado de orientación nas escolas e promove a fundación da primeira asociación de profesionais da orientación, a National Vocational Guidance Association, que crea a primeira revista específica de orientación, a Vocational Guidance Bulletin.

En 1914 aparece con Truman L. Kelly o termo educational guidance, que considera a orientación como un proceso formativo de axuda que debe estar integrado no currículum para facilitar as eleccións nos estudos e a resolución de problemas persoais.

En Alemaña créanse o primeiro Servizo de Información en Berlín e a primeira Oficina de Formación Profesional en Munich. Ademais créase a primeira ley que regula os Servizos de Orientación

Bélxica considérase o país pioneiro da orientación e a psicopedagoxía.En 1899 fúndase o primeiro Instituto de Psicoloxía Pedagóxica de Europa. Christiaens e Decroly crean o primeiro servizo europeo de orientación profesional.

No Reino Unido créanse os Juvenile Advisory Commitees para facilitar a orientación profesional ós xoves. En 1910 promúlgase unha lei sobre a orientación profesional que lle outorga á institución escolar un papel relevante na búsqueda de emprego dos alumnos que finalizan os seus estudos.

En suiza as aportacións máis significativas son dos membros da Escola Psicopedagóxica de Xenebra nos seus movementos de renovación pedagóxica e da orientación. Creouse a Asociación de Consellos de Aprendizaxes que funciona coma unha oficina de Orientación profesional.

En España podemos destacar o Museo Pedagóxico Nacional, o Museu Social, a Secretariat d’Aprenentatge ou o Institut d’Orientació Professional (que pasou por diversas etapas: unha psicométrica, outra de formación do profesorado)

A principal diferenza entre a orientación nos Estados Unidos e en Europa consiste no carácter estatal que esta toma en Europa pola política centralizada dos estados europeos.

 

Décadas dos anos vinte, trinta e corenta. Xurdimento do Counseling.

Entre a Primeira Guerra Mundial e finais dos anos corenta empeza a desenvolverse o termo counseling. Nos Estados Unidos a partir dos anos vinte comezan a utilizarse os termos educational guidance e vocational guidance, mentras que en Europa esténdese o termo orientación profesional. Nesta época comezase a considerar a orientación como algo máis que simplemente informar sobre as ocupacións; a intervención debe ser máis comprometida, busca que os alumnos se coñezan a si mesmos e ó seu entorno próximo, ademais de axudar no proceso de axuste e toma de decisións vocacionais.

Nesta época promóvese un estilo máis clínico e psicométrico motivado pola hixiene mental e a psicometría, polo que se as técnicas e instrumentos de diagnóstico constitúen a base das intervencións orientadoras.

Proctor, Bloomfield e Wrenn na obra Workbook in Vocation introducen o termo counseuling, que promulga unha atención individualizada no proceso de orientación profesional e asesoramento. Williamson asume esta liña na escola de Minesota.

A partir dos anos trinta prodúcense importantes achegas que contribúen ó desenvolvemento da orientación como disciplina científica. Prodúcese unha transición do guidance cara ó counseuling. O orientado adquire un papel máis activo e o orientador é un dinamizador que activa este proceso. O profesorado non aceptou este enfoque polo descoñecemento, a responsabilidade que esixía e a deficiente formación que posuían.

Carl R. Rogers en Counseling and Psychoterapy, propón un enfoque non directivo, empregando a entrevista para favorecer as relacións interpersoais e un mellor coñecemento da persoa. Supón a ampliación das funcións da orientación ó ter en conta a petición de axuda, as necesidades e as preocupacións persoais.

John M. Brewer, en Education as Guidance, defende que educación e orientación son o mesmo, débese prestar axuda ó individuo para que acade unhas metas ben definidas que lle permitan tomar decisións persoais e que o preparen para a vida. Outros autores manteñen opinións contrapostas, defendendo a independencia da orientación con respecto ó currículum e á formación profesional.

Nesta época tamén se inician nos colleges os “servizos persoais ó alumno”, que poñen a atención nos aspectos persoais.

Nos anos corenta temos que destacar o final do conflito bélico, posto que millóns de persoas que retornan á vida civil demandan orientación na súa reinserción profesional e educativa. Aténdese na orientación ás relacións familiares. Tamén podemos destacar as distintas Divisións para intervir por espacialidades con obxectivos moi específicos Psicoloxía clínica, Psicoloxía Educativa, Psicoloxía Industrial, Asesoramento e Orientación...), invírtense fondos para a creación de servizos de orientación, recoñecemento na Declaración Universal dos Dereitos Humanos da libre elección do traballo, nacemento da cibernética con wiener e da teoría xeral de sistemas con Bertalanffy que influirían nos modelos sistémicos de orientación.

En Madrid publícase a Revista de Pedagoxía e o Instituto de Orientación e Selección Profesional.

En España a primeira normativa oficial que institucionaliza a orientación é o Real Decreto do 31 de outubro de 1924, aprobase o Estatuto de Ensinanza Industrial, complementado pola Real Orde do 20 de Xaneiro de 1927, coa que aparecen os Institutos e as Oficinas de Orientación Profesional.

Coa Guerra Civil prodúcese no noso país un aislamento e un período de declive.

 

Década dos anos cincuenta.

Nesta época a orientación entra nunha fase de expansión pola aparición de asociacións que afianzan e realzan a labor orientadora e promoven contactos e intercambios entre os seus membros. Podemos destacar a Asociación Internacional de Orientación Profesional (1951) e a American Personnel and Guidance Association (1952); que cambiaron os seus nomes ó longo do tempo en función das tendencias que ían aparecendo.

En 1958 promulgouse a National Defense Education Act, que esixe a formación de orientadores e a creación de servizos de orientación nos centros educativos. A súa inadecuada planificación desprestixiou a actividade orientadora e provocou unha gran crítica negativa e a reducción de dotacións económicas.

Hay que dicir que os traballos de Ginzberg e Super supoñen un avance no movemento denominado revolución da carreira. O primeiro baséase na psicoloxía evolutiva e no modelo freudiano da personalidade para establecer tres períodos de desenvolvemento das condutas vocacionais: período de fantasía (0-11 anos), período tentativo (12-18) e período realista (18-25). Super fala da idea de desenvolvemento da carreira como enfoque do ciclo vital da persoa, polo tanto amplía o ámbito de intervención vocacional con esta visión de corte evolutivo. Por tanto, a orientación pasaría a ser un proceso continuo e educativo, que se dirixe á persoa coma un todo global e debe incluír aspectos da vida e os seus roles na sociedade; non se limita ó contexto escolar, esténdese ós medios comunitarios e ás organizacións. Busca concienciar ó individuo da súa responsabilidade na converxencia entre desenvolvemento da carreira e desenvolvemento persoal.

Tralo aillamento da década anterior, nos anos 50 prodúcese unha recuperación no noso país, podemos destacar a creación do Instituto San José de Calasanz e a Sociedade Española de Pedagoxía, o Decreto 29/5/1953 e a Orde do 19/11/1956, a Escola de Psicoloxía de Madrid. Existe un gran interese pola implantación de servizos de orientación nos centros. Mesmo se promulgan ordes, pero a falta de recursos económicos afecta negaivamente.

 

Década dos anos sesenta.

Nesta época destaca a influenza do movemento para a carreira, plásmase na adopción por parte da orientación do enfoque do ciclo vital (axudar a todos os suxeitos durante toda a súa vida e en todos os seus aspectos). Cada vez interesa máis a atención a grupos. Destacan as seguintes aportacións:

C. G. Wrenn, no seu informe The Counselor in a Changing World, fala do carácter preventivo da orientación, que está dirixida a todas as persoas para favorecer o seu desenvolvemento persoal. Destaca a importancia da motivación e da necesidade da formación do orientador para que se convirta en axente facilitador de cambios.

Robert H. Mathewson e Henry Borow realizan aportacións nesta misma liña asignándolle o primeiro á orientación unha función total (axudar en todas as áreas do desenvolvemento da persoa) e o segundo relacionando a acción orientadora co mundo do traballo.

A finais desta década o concepto de carreira substitúe ó de vocación.

En España créase a Escola de Psicoloxía de Barcelona, aparecen novas lexislacións que dotan ós Centros de Primaria, Institutos de Ensinanza Media e Escolas de Mestría co establecemento de Psicoloxía e Orientación Profesional, aínda que non chegaron a funcionar. Segundo o Decreto do 4 de Xullo de 1969 creáronse os Institutos de Ciencias da Educación cunha División de Orientación no seu organigrama.

 

Década dos anos setenta.

En esta década prodúcense unha serie de movementos de renovación complementarios que se poden englobar baixo a denominación de orientación psicopedagóxica. Encontramos novas formas de entender a práctica orientadora para a prevención e o desenvolvemento: educación para a carreira e educación psicolóxica. Aparecen termos como career guidance, career counseling, career education e career development.

O movemento de educación para a carreira defende a integración da orientación no currículo coma instrumento formativo e coma proceso que incorpora elementos profesionais no currículo; abarca o sistema educativo, a educación de adultos e a formación permanente. Os seus obxectivos son: innovar no sistema educativo introducindo contidos vocacionais nas diferentes materias, un proceso permanente durante toda a vida, que a orientación para a carreira sexa un esforzo comunitario, fomentar capacidades e habilidades para que as persoas valoren e exploren o mundo laboral tomando conciencia da súa carreira, aprendendo a tomar decisións e afrontando de forma exitosa os cambios profesionais e sociais. A denominación deste movemento varía en uns e outros países.

O movemento da educación psicolóxica, representado por Ivey, Alschuler, Mosher, Sprinthall e Cottinghan tamén opta por unha orientación para a prevención e o desenvolvemento, para todos os alumnos dende os ámbitos educativo, familiar e social. Trata de axudar ó alumno na adquisición das competencias psicolóxicas necesarias para afrontar a vida. Destacan os programas de adestramento asertivo, habilidades de vida e sociais, prevención do estrés, clarificación de valores, educación moral, etc.

Outras aportacións: o artigo de Morill, Oeting e Hurst donde falan das funcións correctiva, preventiva e de desenvolvemento na orientación, empregando os modelos de consulta, formación e tecnolóxicos en lugar do counseling individualizado, aproveitando todos os recursos humanos dispoñibles; a promulgación nos Estados Unidos de disposicións legais sobre a integracióndo disminuido en centros de réxime normal; xurde a orientación multicultural que busca atender as diferenzas personais e sociais, etc.

A orientación adquire gran difusión e a figura do orientador cobra un recoñecemento profesional.

En España promúlgase a Lei Xeral de Educación na que se ten en conta a orientación coma un referente e con unha clara dimensión educativa, é un dereito do alumnado. En 1975 aparecen os Centros de Orientación e Información de Emprego. Créanse os Servizos de Orientación Escolar e Vocacional, o Instituto Nacional de Emprego e a Asociación Española para a Orientación Escolar e Profesional que publica a Revista de Orientación Educativa e Vocacional. Tamén aparecen pouco a pouco novos colectivos nas distintas Comunidades.

 

Década dos anos oitenta.

Nesta década deséñanse programas de prevención para favorecer a saúde comunitaria e desenvolver hábitos saludables en todas as persoas. Amplíase o campo de actuación da orientación co desenvolvemento da carreira nas organizacións, xurdindo departamentos de recursos humanos en institucións e empresas para atender as necesidades dos traballadores.

En España consolídanse os servizos de orientación, creanse os Equipos Multiprofesionais e inciden na Educación Especial. Replantéase a enfoque estrictamente terapéutico cara unha vertente máis psicopedagóxica e dirixida a toda a poboación escolar. Os distintos servizos comezan a unificarse e refundirse. Nas universidades comezan a formarse profesionais de arientación nas facultades de Psicoloxía e pedagoxía.

 

Década dos anos noventa.

Nesta década o movemento para a carreira continúa expandíndose. Afiánzanse os principios de prevención e desenvolvemento e téndese ós programas comprensivos para potenciar o desenvolvemento autónomo durante toda a vida. O interese céntrase en aspectos coma o autocoñecemento, planificación da carreira vital, toma de decisións, educación para a saúde, habilidades de vida, habilidades sociais, intervención na familia, ocio e tempo libre, a comunidade e as organizacións, etc.

En España xurde a Licenciatura en Psicopedagoxía e tras moitas investigación e lexislación previa apróbase a Ley Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo; esta lei supón un impulso para a orientación no noso país que debe ser garantida polas administracións educativas. Promulga tres niveis de intervención: acción tutorial na aula co grupo-clase, Departamentos de Orientación e asesoramento externo polos Equipos de Orientación Educativa e Psicopedagóxica. Pese a todo seguen faltando recursos e existen moitas trabas que deberán ser superadas.

 

 

Fonte bibliográfica:

- Bisquerra, R. (Coord.). (1998). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Barcelona: Praxis