Movilidade Educativa

De acordo ao falado hoxe na clase, expoño a continuación información e significado da movilidade educativa.

Con este concepto referimonos aos logros que alcanza unha xeración en comparación con unha xeración anterior de referencia, por exemplo, a comparación entre o nivel educativo que teñen os fillos respecto do dos seus pais. Para realizar unha análise desta, necesitaremos duas referencias básicas:

- o logro educativo da xeración que estudamos.

- o logro educativo da xeración coa que a comparamos.

Pódese decir que o enfoque de movilidade educativa supón que o nivel educativo alcanzado polos fillos en boa medida está condicionado polo que teñen os seus pais.

Aquí, un gráfico sobre a situación española por Comunidades Autónomas.

 

cuadro_1_001.jpg

 O estudo desta, móstranos a evolución do nivel educativo xeral dunha determinada sociedade, o que permite coñecer os avances e retrocesos xeneracionais. Na historia recente, a pauta habitual foi a do crecemento sostido dos niveis educativos. O seu estudo permiter tamén valorar a capacidade que ten un sistema para compensar as diferenzas sociais.

Os logros educativos dunha persoa están condicionados por unha serie de factores, na súa maioría de tipo socioeconómico, como a clase social á que pertencen os proxenitores. Según determinados estudos, quenes pertencen a clases sociais máis altas teñen maiores probabilidades de acceder a niveis educativos superiores. Un sistema educativo miás igualitario limitaría a influencia de estas desigualdades de orixe e faría posible que os logros educativos dos fillos e as fillas foran menos dependientes dos logros educativos dos seus pais e nais. 

Bibliografia: 

http://www.uned.es/125028/images/Bibliografia/Calero_y_otros_Sociedad_Desigual_educacion_desigual.pdf