Novo programa para a E.S.O en Extremadura.

Acabo de leer no blog do grupo da nosa materia a seguinte noticia que se publico no xornal " El País" o pasado 8 de Decembro.

Ao parecer, para frear o fracaso escolar na Educación Secundaria Obrigatoria, e asegurarse de que a totalidade ou polo menos a maioría do alumnado consigue terminala con éxito conseguindo o título, en Extremadura ocurriuselle a idea de premiar a quen o faga con 1000€.

E eu pregúntome, si o diñeiro é a solución a todos os nosos problemas?

É dicir, eu creo é a solución mais antipedagóxica que podía existir, porque non estamos pensando no que virá despois. Si, quitarán o titulo, e sí..poderán acceder ao mercado laboral..pero, e despois? . Os pais estarán " obrigados" a premiar materialmente aos seus fillos para que estes consigan outros títulos ou un traballo? Qué educación estamos fomentando con esta proposta?

Para min o que está facendo Extremadura é destruír o seu Sistema Educativo mais do que xa pode estar pola crise económica, e espero que esta proposta non se extenda a todo o país, pois na miña opinión acabaría por destruír todos os valores que ata o momento se pretenderon conseguir.

A min persoalmente na miña casa enseñáronme a loitar por aquelo que quero conseguir, sin esperar premios por facelo, pois a solución está clara : ou estudias ou traballas, pero debes encamiñar a tua vida hacia algún destino seguro. Este é o valor principal que os pais deben inculcar nos seus fillos.

Bueno, esta tan só é a miña opinión sobre algo que non podía deixar pasar por alto, pois mais que parecerme solucións, paréceme engadir un problema mais aos moitos que xa temos.

Gustaríame saber a vosa opinión ao respecto.

.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/12/08/actualidad/1354978685_073187.html