Libro: "Menores en crisis: propuestas de intervención y medidas reeducativas"

          “Menores en crise: Propostas de intervención e medidas reeducativas”

                          image

Hola chicos decidín subir esta entrada no blog coa finalidade de recomendarvos un libro que tiven que analizar durante o meu período de prácticas no MUPEGA, como una actividade proposta polo meu titor de prácticas en dita institución.

Non sabia si en realidade vos podían interesar estes temas. Pero finalmente decidinme por facer esta entrada, posto que creo que este libro é moi interesante e pode ser usado como una ferramenta de cara o desempeño da nosa futura labor como orientadores/ asesores dun centro educativo.

A continuación vou a achegarvos un pouco a este libro comentándovos algunhas das cousas que nel se tratan:

Dende o meu punto de vista este libro é moi interesante de cara a inclusión tanto social como educativa de menores en risco de exclusión social.

Ademais creo que nel se fan propostas de intervención moi interesantes para lograr unha inclusión real con menores inadaptados. Destacando que as propostas que nel se fan , realízanse dende o entramado social e tendo como trasfondo o traballo colaborativo entre diferentes institucións. Xa que un psicopedagogo sempre ten que ter presente que debe realizar o seu traballo en colaboración con outros profesionais e mediante a axuda mutua entre este e institucións alleas o centro no que traballa, sen actuar nunca de forma individualista ou como un experto que ten o dominio para impoñerlles un modo de traballas as persoas as cales asesora.

En relación co dito con anterioridade, no libro destacase a idea de que para lograr propostas de intervención acertadas e por conseguinte lograr que estes menores logren superar os seus problemas. É necesario concibir as propostas de intervención e as medidas reeducativas no marco dunha cultura colaborativa entre instancias, colectivos, institucións diversas e sobre todo coa comunidade na que se desenvolven os menores.

A revisión e familiarización con este libro tamén me acercou o mundo da problemática dos menores así como das pautas de actuación que se poden adoptar o respecto.

No libro tamén se incide na idea de que a intervención dende un punto de vista educativo sería o tipo de intervención mais axeitado para atender a estes menores en crise. Esta posición educativa plántea un tipo de accións mais globais e entende o proceso de desenvolvemento do suxeito como un crecemento progresivo das súas estruturas individuais nun contexto social.

Os diferentes capítulos deste libro céntranse en que a problemática social vinculada os menores debe de ser abordada desde planeamentos pluridisciplinares e integrados que permitan facerse unha idea de conxunto dos fenómenos implicado e por conseguinte planificar e desenvolver estratexias de intervención multifocais. Xa que os problema dos menores é un problema moi complexo. E polo tanto merece unha consideración complexa que vaia mais ala das tipificacións e da segregación dos suxeitos.

Este libro inténtanos transmitir unha visión moito mais ampla da intervención con menor do que habitualmente se concibe como intervención aínda hoxe en día nestes casos. Polo tanto este libro ofrécenos unha visión global do individuo situando dentro dun contexto determinado.

Este libro e as pautas de intervención que nel se ofrecen pretenden buscar alternativas válidas de inclusión socioeducativa no marco dunha comunidade que apoie dito proceso como un piar básico da sociedade na que vivimos, indo incluso mais alá das dificultades económicas que poden afectar a estes menores e polas que estamos pasando na actualidade.

Ademais todos os contidos que inclúe son contidos que sen ningunha dubida proporcionan ferramentas conceptuais e procedimentais a aqueles profesionais que se dedican, ou que nos imos a dedicar a traballar directa ou indirectamente con colectivos en situación de risco social ou incluso laboral. Sendo de gran utilidade para profesionais de diversos ámbitos como: Psicopedagogos, pedagogos, psicólogos, educadores sociais, traballadores sociais...

Nos mesmos según a miña percepción podemos ver , como futuros psicopedagogos,neste libro unha gran oportunidade de adoptar pautas de intervención e de actuación con menores que poidan estar pasando un período de crise ou incluso de correr risco de exclusión social. Por último facendo referencia agora os capítulos que me pareceron de maior relevancia e interese de cara o desempeño da nosa futura labor como psicopedagogos fago a seguinte selección:

  • El plan de convivencia en los centros escolares: una mirada reflexiva Intervención ante el maltrato infantil.
  •  La integración escolar y social de jovenes inmigrantes en España. Intervención en familias con menores en situación de riesgo.
  • Intervención educativa con infancia y adolescencia en situacións de riesgo, conflito social o exclusión social.
  • Hacia una metodoloxía de intervención inclusiva. Riesgos emergentes en las relaciones entre niños: acoso,ciberacoso, bullying, ciberbullying, grooming...

Sendo o citado en último lugar o mais destacado porque é o que mais relación ten cos problemas que se poden dar no día a día dun centro ordinario. E ademais toca un dos temas que citamos na clase de hoxe como , o do acoso escolar, como un dos temas que un orientador non debe esquecer a actuar ante el de forma proactiva.