"PSICOPEDAGOGOS Y PROFESORES ¿QUE RELACIONES?"

SESIÓN DO 12 DE DECEMBRO. “PSICOPEDAGOGOS Y PROFESORES ¿QUE RELACIONES?”

   Na sesión do Mércores 12 de Decembro o tema de debate foi relativo ás relacións entre o profesorado e os psicopedagogos/as, salientando que a actividade dos asesores/as psicopedagóxicos/as no desenvolvemento do currículo co profesorado e cos centros ten como punto de partida básico a idea de colaboración. Así mesmo, resáltase o difícil que é colaborar con aquelas persoas arredor das que se manteñen ideas implícitas de descompromiso e desvaloración...é dicir, dun xeito máis coloquial, aqueles suxeitos que non son o noso agrado e cos cales non compartimos puntos de vista semellantes.

   A partires de isto xurdiron dúas preguntas tales como, por un lado, “¿Qué pensan os futuros/as asesores/as dos profesores e profesoras de Infantil, Primaria e Secundaria con quen van a traballar?” e, por outro lado, “¿Qué piensan profesores y profesoras de asesores y asesoras?”. Para dar resposta a ambas, procedeuse a realizar un debate en pequeno grupo durante un determinado tempo que culminou nas seguintes reflexións.

   En canto á primeira das cuestións consideramos que o profesorado tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria, amosan unha maior accesibilidade e flexibilidade á hora de emprender un traballo conxunto co asesor/orientador. Sen embargo, na Educación Secundaria o profesorado non semella ter tanta disposición para traballar de forma colaborativa co asesor/orientador e, incluso, atópanse con trabas pois, en moitas ocasións, os docentes interfiren de xeito negativo nas propostas elaboradas e proferidas polo Departamento de Orientación.

   No referente á segunda delas, “¿Qué piensan profesores y profesoras de asesores y asesoras?”, neste caso cómpre salientar dous puntos de vista diferentes:

~ Por unha banda, o profesorado que considera ó asesor/orientador como punto de apoio, axuda e consulta con quen traballar de forma conxunta e colaborativa para buscar xuntos unha solución ós problemas e/ou necesidades que se presenten.

~ Por outra banda, os docentes que o catalogan de profesional ó que se recorre para que lles proporcione unha solución rápida e inmediata; digamos que é concibido como “un solucionador de problemas”.

   Chegado o momento de compartir múltiples opinións e puntos de vista foron numerosas as respostas, polo que me dispoño a recoller aquelas que considero máis relevantes.

~ A visión do asesor/a é máis positiva cara o profesorado que a que teñen estes últimos de cara o asesor/a, pois estes perseguen un traballo colaborativo para lograr a mellora xa que son concibidos como axentes da comunidade educativa e amosan unha boa disposición para iso.

~ O asesor/a considérase nunha posición moito máis superior con respecto ó profesorado, de modo que as súas propostas han de ser levadas tal e como el mande.

~ En Educación Secundaria o asesor/a atópase nunha situación de desvantaxe, pois encontra a súa actividade trabada e impedida ante a arrogancia e suspicacia do profesorado.

~ O tipo de cultura (horizontal ou vertical) tamén inflúe na relación entre ambos axentes da comunidade educativa.

~ O profesor/a debe afondar e preocuparse polo ollo do conxunto, non menospreciando a axuda que se lle brinda.

~ O orientador/asesor mostra disposición de coñecemento para definir, construír e buscar a solución ós problemas.

~ O profesorado de Educación Secundaria ten un modelo de corte menos profesionalizado cara a súa actividade/tarefa, en contraposición co modelo, actitude e as posibilidades de actuación do profesorado de Educación Infantil e Primaria.

~ Cada profesional marca unhas determinadas pautas, e as traxectorias de uns e outros profesionais cambian e son distintas. Quizais este feito provoca discrepancias, puntos de vista diferentes e cambios de dinámicas. Todo isto a través dun xogo de ambivalencia, un período de adaptación para coñecer a historia e o mundo de relacións do centro/institución.

~ Así mesmo, a profesión docente é unha profesión fragmentada que hai qué reconducir.

   Quizais, como se comentaba na clase, a colaboración entre asesores/as e profesores/as poida ser unha meta inalcanzable, a expresión dun desexo, unha proposta inútil e/ou un camiño a recorrer (que implica cambios).

   En liñas xerais, cómpre dicir que a constitución da identidade profesional de asesores/as, unha actividade profesional nova, ten lugar en institucións “vellas” que tamén teñen as súas “señas de identidade”. Os asesores/as psicopedagóxicos/as instálanse en centros educativas con unha “historia” propia que teñen a obriga de coñecer se a súa meta é axudar na mellora escolar. Isto último supón o exercicio de estilos de liderado.

   Despois de tratar isto, a segunda parte da clase consistiu no estudo de dous casos sobre “Menores e acoso escolar”, onde as conclusións máis relevantes e aconsellables para remediar este tipo de situacións refírense á necesidade de fortalecer ó alumnado ante a frustración e desenvolver cidadáns críticos, activos e democráticos.