José Antonio Marina: biografía e opinión.

 

O pasado día 12 de decembro citouse na clase a José Antonio Marina e propúxenme investigar un pouco máis sobre él. Este, nace o 1 de xullo de 1939 en Toledo. Dedica toda a súa vida á escritura, a pedagoxía e a filosofía xa que é catedrático de filosofía no instituto madrileño de La Cabrera, Doutor Honoris Causa pola Universidade Politécnica de Valencia, ademais de conferenciante. Estudou filosofía na Universidade Complutense de Madrid, fundou varias revistas e grupos teatrais.

Paralelamente á súa labor ensaística, Marina encóntrase comprometido co proxecto de impulsar unha "movilización educativa", cuxo propósito é involucrar a toda a sociedade española na tarefa de mellorar a educación mediante un cambio cultural que aproveite a preocupación, a xenerosidade, a enerxía e o talento de miles de persoas dispostas a colaborar.

Como vemos, un home cheo de inquedanzas e propostas para un mundo cheo de obstáculos coma o noso. Pois ben, o día 23 de novembro, o xornal Público.es realizoulle unha entrevista para saber que opina Marina acerca das reformas socioeducativas. Despois de leer a nova publicada, quédome cunhas cantas ideas principais de especial importancia:

- Necesidade de creación dun Centro de Estudios en Innovación e Dinámicas Educativas: para promover a reflexión en torno ás novas necesidades educativas, analizar as tendencias pedagóxicas que potencien a calidade e a educación integral no contexto da ensinanza non universitaria, e dar cobertura, coherencia e notoriedade ás accións de innovación educativa que poidan contribuir a unha mellora da educación.

- Tasa moi alta de abandono e fracaso escolar: que se melloraría cunha boa xestión educativa, formando ben aos profesores e aos directores dos centro, restablecendo as relacións entre a escola e a familia e explicando ben á sociedade que a educación é cousa de todos. 

Falta dunha cultura de participación na escola e os consellos escolares non funcionaron coa eficacia desexable: conseguir unha maior participación dos pais porque fortalecen a escola. Os pais teñen que colaborar cos equipos directivos porque estos foron demasiado débiles no sistema educativo español público.

- Unha escola que sexa capaz de aprender: nunha escola non so aprenden os alumnos, senón que tamén o fan os profesores. De ser flexible e áxil para poder acercarnos máis aos alumnos e desta forma, comprenser as súas necesidades

- As avaliacións como parte do proxecto educativo, non como mecanismo de control: preparar aos alumnos para que desenvolvan o seu potencial educativos, non para que pasen unha proba.

- O aumento dun 20% no número de alumnos por clase afecta moi negativamente á calidade educativa: hai que atender á diversidade, ás necesidades dos alumnos e as súas individualidades. Con máis alumnos por clase, esta tarefa dificultase moito.

Vistas as conclusións máis destacables, incido especialmente no tratado moitas veces neste blog: a LOMCE. E é así que se di no artículo do Progreso que "Wert vive en un país irreal". Despois de revisar o anteproxecto da LOMCE, Marina conclúe en que Wert non sabe o que sucede exactamente no ámbito da educación. Quizais debería adentrarse un pouco máis na realidade educativa para ver que a súa aplicación e desmesurada e, como dixo Marina anteriormente, irreal.

 

 

Fontes:

http://www.publico.es/espana/446278/jose-antonio-marina-wert-vive-en-un-pais-irreal

http://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Antonio_Marina

http://www.superpadres.com/proyecto-superpadres/jose-antonio-marina/

http://www.ceide-fsm.com/quienes-somos/