O asesoramento e a calidade educativa.

     O concepto desenvolvemento profesional dos profesores presupón un enfoque na formación do profesorado que valora o seu carácter contextual, organizativo e orientado ao cambio, ademais de ter unha connotación de evolución e continuidade que parece superar a tradicional xustaposición entre formación inicial e perfeccionamento dos profesores. Igualmente, o desenvolvemento profesional entendido como un proceso de aprendizaxe mediante o cal alguén debe aprender algo por sí mesmo ou apoiado por outros, dentro dun contexto concreto, implica un proceso de deseño, desenvolvemento e avaliación.

     Estes son procesos que requiren dunha estrutura que facilite recursos materiais e humanos que coordine os diferentes momentos do proceso. Requiren, polo tanto, da existencia de servizos de apoio que colaboren co profesorado na iniciación, desenvolvemento e avaliación do proxecto.

     O proceso de asesoramento ou apoio está directamente influenciado pola política educativa, polas características do sistema educativo, pola autonomía dos centros e polo grao de profesionalidade dos profesores.

     A finalidade básica da labor do asesoramento é a de colaborar cos centros para contribuír na mellora da calidade da ensinanza e dos procesos educativos que teñen lugar nela. Pero a contribución a esa mellora vai a ser diferente segundo os centros, xa que as necesidades non van a ser as mesmas. Tendo isto en conta, é preciso clarificar e consensuar os distintos papeis nos procesos de colaboración que se van a establecer, así como intentar non asumir certas tarefas que de algunha forma poidan ir en contra da autonomía e iniciativas dos propios docentes do centro.

     O que se busca, en definitiva, é que as implicacións, que se derivan como causa do desenvolvemento da LOGSE, vaian aumentando a calidade dos centros e a súa capacidade de educar realmente para a participación e a colaboración  activa dos individuos na sociedade. O traballo e formación do centro, a fomentación do traballo en equipo, etc. son aspectos que non se poden esquecer dende a labor do asesoramento, pois se os centros van abrindo as súas portas a outros profesionais, aceptando a súa colaboración e compartindo os seus problemas, os asesores converteranse en persoas que tamén van a ter a súa responsabilidade e reto profesional en todo o proceso de cambio que se formulen os centros como centro da mellora escolar.

     Pero como apunta Bolívar (1995) “los procesos de cambio en los centros no pueden ni deben consistir en cómo desarrollar en los mismos buenos diseños externos, sino por el contrario en algo que no sólo se ha de generar en los propios centros sino que además debe integrar los propósitos y metas del profesorado como personas, sus preocupaciones, vivencias, creencias, etc.” Deste modo, á hora de desenvolver tarefas de asesoramento, é preciso que os profesores sexan os principais construtores da innovación. Para que isto ocorra debemos ter en conta que o profesorado aprende no seu contexto organizativo de traballo, polo que o asesoramento debese asentar no contexto organizativo dos centros para potenciar o cambio e as melloras desexadas.  

     Un modelo de asesoramento colaborativo que busca a mellora da escola e da calidade educativa, fundamentalmente a través do traballo “en” e “con” o centro, non é só unha aplicación de técnicas precisas, senón que se trata de algo ideolóxico, cargado de valores, e actitudes, que ten como obxectivo principal acadar a colaboración entre iguais.

     Neste sentido Imbernón (1996) recórdanos que “en esta nueva cultura profesional, el profesorado ya no se conforma con experimentar innovaciones que le vienen de fuera, sino que pasa a jugar un papel dinámico, participando activamente desde y en su propio contexto. Al mismo tiempo, los centros necesitan además de la discusión entre colegas, de la ayuda externa democrática y de prácticas reflexivas, intentando superar el aislamiento en las aulas y en los centros, de ahí que haya que buscar puentes de unión entre las escuelas y los distintos sistemas en que se encuentran inmersas mediante la indagación colaborativa y proyectos comunes que sean capaces de generar una nueva cultura de la organización y de fundir la perspectiva interna de los que están dentro de las escuelas con las perspectivas externas del personal de apoyo en una verdadera perspectiva colaborativa.”

     Polo tanto, tendo todo isto en conta, as función do asesoramento adquiren una dimensión significativa no desenvolvemento e mellora da ensinanza que repercutirá nunha maior calidade educativa.

  • Bibliografía:

- Marcelo García y López Yáñez (1997): Asesoramiento curricular y organizativo en educación. Barcelona: Ariel.