Sesión 12/12/12

Na sesión desta semana, a clase estivo dividida en duas partes claramente diferenciadas:

Na primeira parte a profesora propúxonos varias preguntas que primeiro tiñamos que responder en pequenos grupos e tras uns minutos de reflexión poñelas en común co resto da clase. As preguntas eran as seguintes:

¿Qué pensan os futuros/as asesores/as dos profesores/as de Infantil, Primaria e Secundaria cos que van traballar?

imageAs respostas dos diferentes grupos foron moi variadas. Polo que respecta ó meu grupo (Sailor Moon) as reflexións xa foron subidas ó blog grupal. A nivel personal creo que a visión do asesor cara ós profesores é positiva, pois venos como axentes da comunidade educativa cos que hai que traballar conxuntamente e de forma colaborativa para chegar a acordos e para buscar melloras e solucións ós posibles problemas que se plantexen, que é realmente o obxetivo que se busca lograr. Por todo isto, podemos afirmar que os asesores teñen clara a súa relación de horizontalidade entre ambos profesionais, e que os ven como un membro máis que está ó seu nivel.

Aqui xurdiu outra pregunta ¿Resulta máis fácil traballar con profesores/as de Ed. Infantil e Primaria que con profesores/as de Ed. Secundaria? Dende o meu punto de vista, penso que si pois nos niveis máis inferiores os profesores/as manteñen unha actitude máis aberta cara a aceptación de novas propostas e posibilidades, centrándose máis en cada un dos alumnos e levando a cabo unha ensinanza máis invidividualizada, o que faciliza a aceptación de axuda externa cando esta é necesaria. Sen embargo, o profesorado de Ed. Secundaria céntrase máis nos contidos e non aceptan con demasiada facilidade opinións alleas xa que consideran que coa súa formación son capaces de levar sen problemas a súa materia e traballar co alumnado sen que xurdan problemáticas.

 

¿Qué pensan os profesores/as dos asesores/as?

Ante esta pregunta, creo que non están totalmente delimitadas as funcións do asesor e que por iso os profesores os ven como se fosen “intrusos” que simplemente se veñen meter no seu traballo, cuestionar as súas actuacións e dar ordes, impoñendo medidas de actuación que os obrigan a cambiar a súa práctica docente. Por todo isto, creo que o profesorado non ten demasiado clara a relación de horizontalidade que debería existir entre ambos profesionais, e ve ó asesor como un membro que se atopa nun nivel superior a él. Así mesmo, considero que o descoñecemento das funcións do asesor é o que dificulta que exista esa relación de horizontalidade entre ambos profesionais e que impide que exista calquer tipo de colaboración entre eles; pois para que exista colaboración ten que haber un mínimo de confianza e credibilidade e neste caso é prácticamente imposible.

Ó longo da sesión xurdiron diferentes opinións acerca deste tema: En contraposición coa miña opinion persoal, algunhas das persoas que interviñeron afirmaron que son os asesores os que se creen todo poderosos impoñendo directrices e non deixando que os demais profesionais se entrometan no seu traballo, sendo inflexibles e establecendo as súas decisións sen posibilidade de modificacións, como se tivesen unha receta máxica que todo o arregla porque todo o saben.

Por outra parte, tamén apareceu a opinión de que son os profesores as figuras arrogantes, que creen que poseen titulacións superiores pensando que son autosuficientes para levar a cabo o seu traballo e non consideran necesaria a axuda de ninguén máis.

Dende o meu punto de vista, o idea seríal non menospreciar a axuda que outros profesionais nos poidan proporcionar, toda axuda sempre é benvida, e nunca sabemos o momento no que realmente vamos necesitar doutras personas para complementarnos. O profesorado non debe pensar que o asesor ten recetas e solucións para todo e o asesor non debe impoñer directrices.

Outra cuestión que saiu neste debate foron as traxectorias profesionais, as cales marcan profundamente. Un asesor ó chegar a un centro novo debe deixar un tempo prudencial para coñecer a institución: a súa estrutura, historia, funcionamento... pois debe ter moi en conta todo o anterior para saber de que punto partir, xa que a persoa que estivo no centro antes ca nós marca dalgunha maneira as pautas do noso traballo.

 

A outra parte da sesión foi adicada a uns artigos sobre violencia nas aulas que comentarei na seguinte entrada.