Edismo

Que é o "edismo"?

     É o prexuízo que considera que o aumento da idade é un inconvinte para a aprendizaxe. Ata os anos 50 a adultez considerouse como unha etapa estática e en declive intelectual.
     Sen dúbida, o convencemento de que a determinadas idades xa non é viable a formación está moi estendido. A pesares de que se proclama a necesidade dunha educación para toda a vida, continúase establecendo a xuventude como idade para as aprendizaxes e a adultez para outras funcións sociais.
     A falta de confianza nas capacidades de reflexión e actuación das persoas polo seu baixo nivel de instrución e pola súa idade provocou que estas se viran desprazadas. Todo isto xerou a segregación e a exclusión dos procesos de formación das persoas de máis idade, co argumento de que non teñen capacidade para aprender.

 

Fonte:Aubert, A.; Duque, E.; Fisas, M.; Valls, R. (2008) “Dialogar y Transformar, Pedagogía Crítica del Siglo XXI”. Graó. Barcelona.

Comentarios

  • Irene López Crespo

    Este prexuízo segue xogando o seu macabro papel na sociedade. Moitas persoas de idades avanzadas, ou simplemente, que non forman parte do sistema educativo formal, posto que xa se atopan inmersos no mundo laboral, consideran que xa non teñen capacidade de asimilar novos coñecementos e péchanlle as portas ao mundo da aprendizaxe. 

    Dentro do entorno dos profesionais da educación tamén se da, pois moitos consideran que a súa experiencia eximeos de calquera formación de tipo cognitivo, caíndo deste xeito nun gran erro que provoca que non teñen recursos á hora de resolver as novas problemáticas que se dan, actualmente, nos centros educativos, a causa das características da sociedade actual.