Medio, soporte ou algo máis?

image

Considerando unha das preguntas clave que formulou a profesora na nosa primeira clase "¿Es la Tecnología Educativa solo un medio o soporte para la educación?" podemos dicir que nun primeiro momento así foi, a tecnoloxía so se utilizou como medio de ensinanza, un encerado, un proxector, un ordenador... que servían como soporte e axuda do profesor para impartir unha clase.

Na actualidade estamos tan rodeados de tecnoloxía que a podemos utilizar como ensinanza en si mesma. 

A UNESCO propuxo en 1984 unha definición con dúas acepcións diferentes:

1.- Originalmente ha sido concebida como el "uso para fines educativos de los medios nacidos de la revolución de las comunicaciones, como los medios audiovisuales, televisión, ordenadores y otros tipos de "hardware" y "software"

2.- En un nuevo y más amplio sentido, se entiende como "el modo sistemático de concebir, aplicar y evaluar el conjunto de procesos de enseñanza y aprendizaje teniendo en cuenta a la vez los recursos técnicos y humanos y las interacciones entre ellos, como forma de obtener una más efectiva educación". (UNESCO, 1984, 43-44)

Tendo en conta a última acepción da definición considero que a tecnoloxía debe servir para mellorar as actividades educativas e a resolución dos problemas que nela aparezan. Así para min a Tecnoloxía Educativa non é so un medio para os procesos de ensinanza-aprendizaxe senon que implica procesos de ensinanza-aprendizaxe en si mesma.

Un claro exemplo serían as Plataformas Didácticas Virtuales utilizadas en e-learning xa que elas non so son un medio de ensinanza senon unha clara oportunidade de facilitar a educación (obxecto da Tecnoloxía Educativa).