ANPE

Como xa sabedes, na clase expositiva do día de onte ( 17.12.2012), falamos entre outras cousas do ANPE, o sindicato dos profesores.

Persoalmente descoñecía que éstes contaran con un sindicato propio, pois pensaba que participaban nos mesmos que as empresas e demais colectivos. Por eso, decidinme a investigar un pouquiño sobre él.

ANPE é un sindicato independente, sin ningún tipo de compromiso coa política. A unica relación que teñen é cos profesionais docentes que depositan a súa confianza neles.

En relación co resto de sindicatos, hai dúas características que os distinguen de éstes : a primeira é a profesionalidade, e a segunda a independencia.

En AMPE todos son docentes da enseñanza pública, e non teñen como xa dixemos ningún tipo de afiliación política.

Poñen a súa dedicación tanto nos servizos que prestan, como nas negociacións que levan a cabo para buscar o ben común para o interés dos docentes e o benestar da educación.

As súas funcións principais son as seguintes :

  • ANPE traballa para solucionar os problemas e dar respaldo a cada profesor individualmente, e para conseguir melloras nas condicións laborais e profesionais de todo o colectivo docente, por medio da reivindicación, a negociación, a movilización e a posta en marcha de campañas e estratexias.
  • ANPE posibilita e canaliza a participación dos docentes nos seus ámbitos de representación, e faino como sindicato exclusivamente de profesores.
  • ANPE está especializado no ámbito educativo e por eso, no ten conflictos de intereses con outros sectores.
  • ANPE presta servicios efectivos: información profesional actualizada a diario, asesoramiento ante situacións profesionais e administrativas, acompañamento nas situacións de conflicto a través do Defensor do Profesor, atención xurídica, convenios con diversas entidades, e actividades de formación e de ocio.
  • ANPE traslada á opinión pública a realidade da docencia, a través das súas publicacións propias e da súa aparición nos medios de comunicación, aportando puntos de vista profesionais ós debates sobre educación e expresando en toda ocasión a necesidade de valoración social que precisa a tarea docente.
  • ANPE esfórzase por crear correntes de opinión a favor da tarea docente, a mellora da convivencia nas aulas ou a necesidade de un cambio de modelo e estructura no sistema educativo, e defende a recuperación da autoridade do profesor, tanto académica como legal, mediante o recoñecemento da súa condición de autoridade pública.
  • ANPE mantense sempre cerca do profesorado, para descubrir e evidenciar novas necesidades ou problemas e trasladar as preocupacións dos docentes ós estamentos oficiales.

.

http://www.anpe.es/anpe/