• Blogs
  • Silvia
  • Plan de Formación Permanente do Profesorado 2012-2013

Plan de Formación Permanente do Profesorado 2012-2013

Investigando pola rede, atopeime con un gran proxecto que leva a cabo a comunidade autónoma de Cantabria : o Plan de Formación Permanente do Profesorado, co fin de propiciar que o sistema educativo desta comunidade avance en calidade e eficiencia. Este itinerario iniciouse o pasado ano e ten os seus pilares principais na aprendizaxe temperá do inglés, na competencia dixital dos alumnos e profesores, e o fomento da autonomía responsable dos centros.

Son conscientes de que nos tempos que estamos vivindo, o perfil docente debe estar adaptado ás novas situacións e contextos, dende o dominio das TICs ao servizo da tarea educativa, ata as competencias mais persoais derivadas do traballo en equipo ou as habilidades sociais.

En este marco de actuación, os asesores da formación terán a capacidade de reconvertirse en función das necesidades do sistema educativo e das propias da formación do profesorado.

Este novo Plan incide nas modalidades de formación dos centros, a través de seminarios e traballos en grupo, ou ben modalidades mixtas cando as necesidades así o requiran. Nel recóllense tamén as demandas de necesidades formativas expresadas polos propios centros.

No Plan defínense en total unhas 7 liñas de formación docente. Unha de elas pon énfasis na atención á diversidade dende o enfoque da educación socio-emocional. Outras dúas liñas, son transversais e vertebran a adquisición dos obxetivos de todas as demais, no referido ao fortalecemento das linguas estranxeiras e programas europeos, e a competencia dixital. Algunhas das restantes fan referencia ao que xa nomeamos antes, como son a autonomía dos centros basada no liderazgo pedagóxico dos equipos directivos, mentras que outras constitúen prioridades absolutas da Administración Educativa, comprometida con unha Formación Profesional mais cercana e atenta ao mundo laboral, profesional e empresarial.

Eu descoñezo ata o momento si este Plan o temos na nosa comunidade, vós sabedes algo? Seguiremos investigando para coñecelo...

http://www.educantabria.es/formacion_del_profesorado/profesorado/formacionpermanente/plan-de-formacion-permanente-del-profesorado-2012-2013