OS TRES EIXOS DO ASESORAMENTO

          O asesoramento é unha función que aparece ligada a moi diversos ámbitos sociais, por iso podemos aplicalo a contextos tan diferenciados como o traballo social, o mundo empresarial ou a educación... en todos estes ámbitos, sempre ben definido por unha identidade que se constrúe en base a certos eixos presentes na súa realidade.

          A identidade do asesoramento constrúese en torno a tres eixos ben definidos: a súa constitución socio- histórica, a constitución biográfica e a práctica socialmente comprometida.

 

                                                           identidad

          O primeiro destes eixos, indícanos como distintas polaridades: a teoría e a práctica, o proxecto e a realidade, as relación administrativas e a práctica pedagóxica, ou a autonomía fronte a orientación, inflúen sobre o asesor en canto a época na que desenvolve o seu traballo, ao papel que deste se espera, ou as funcións que se lle encomendan, polo tanto as tendencias dominantes van a marcar decisivamente a identidade do asesor.

          O segundo dos eixos, fai referencia a aportación de cada un dos profesionais cunha práctica máis ou menos correcta, cuns métodos máis ou menos depurados, coas súas influenzas teóricas, cos roles puros ou mixto que adopta e coa forma particular de proceder de cada un.

           O terceiro dos eixos, a práctica socialmente comprometida, implica un compromiso e responsabilidade, ademais dunha interese pola innovación e o desenvolvemento curricular, profesional e institucional, nestesenso, o asesoramento presentasenos como unha posicion de poder e saber para o cambio da realidade institucional.

           Estes aspectos, son os tres vectores que inflúen no asesor para ser ou non ser dunha ou outra maneira, para ter un proceder ou outro e para entender a súa profesión cun ou outro fin, O asesor ten que ser por tanto, consciente das realidades que lle afectan, para coñecer as súas propias limitacións e potencialidades é a vez, desenvolver unha praxe o máis axustada posible as necesidades  presentes.