• Blogs
  • ...
  • Memoria estatal do defensor do profesor

Memoria estatal do defensor do profesor

Hoxe tratarei a “Memoria estatal do defensor do profesor”, a cal foi traballada na última semana de clases, adicada ó benestar e malestar docente, analizando o documento en grupo e empregando a técnica das tres Q (¿Qué prantexa?, ¿Qué interpretamos/dicimos? e ¿Qué propoñemos?)

Os puntos da memoria que foron tratados no noso grupo son os seguintes:

-          Agresións de alumnos cara profesores.

-          Acoso e ameazas de alumnos.

-          Grabacións, fotos, internet.

-          Danos causados a propiedades ou pertenzas individuais.

 

 1. ¿Qué plantexa?

Estes catro puntos fan referencia a conflitos que os profesores viven e que están relacionados cos alumnos.

Un aspecto que chamou a nosa atención ó traballar o documento na clase foi que os catro indicadores son considerados dun xeito positivo, pois o número de chamadas viuse reducido en tódolos casos.

Ademais, estes puntos reflexan a cantidade de situacións conflitivas que os profesores viven cos seus alumnos, as cales lles dificultan a realización do seu traballo. Ademais, observamos o amplo abanico que teñen os alumnos para atacar ós profesores: mediante agresións directas, mediante ameazas (normalmente escudándose no anonimato), grabacións, fotos ou internet (xa que non coñecen a ilegalidade destes actos) ou danos causados a propiedades ou pertenzas.

Ademais, unha das causas destes actos é o malo entendemento que os alumnos teñen da democratización da vida do centro escolar, xa que en moitas ocasións non son conscientes dos seus deberes, pero teñen unha sobreconsideración dos seus dereitos.

 

2.¿Qué interpretamos?

A partir destes datos, o que interpretamos e consideramos é que estamos a falar xa non dun problema dos profesores ou dos alumnos, senón dun problema social, é dicir, un problema da sociedade. Pois o feito de que os alumnos cometan este tipo de accións cos profesores non é un problema só dos profesores, xa que é un problema da educación que ofrecen os profesores, os medios de comunicación... pero principalmente os país, que en moitas ocasións limítanse a defender ós seus fillos ata límites insospeitables. É dicir, a educación que os nosos xóvenes reciben no seu fogar non está orientada a impedir este tipo de accións.

 

3.¿Qué propoñemos?

A proposta principal en relación a este tema sería a de unha maior autoridade por parte dos órganos directivos do centro, é dicir, defender ós seus profesores e tomar as medidas necesarias cara aqueles alumnos que imposibiliten a docencia ós profesores e nalgúns casos o desenvolvemento da súa vida con normalidade.

Outra proposte sería achegar os centros escolares ás familias, pois deste xeito existiría un maior consenso entre os dous, deixando atrás o distanciamento que existe para traballar este tipo de problemas dun xeito conxunto, pois a educación ofrecida na escola e no fogar deben complementarse para evitar estas accións.