Nova saída profesional.

.

Hoxe sorprendíame a noticia do xornal de " La Voz de Galicia", no que se adicaba unha longa sección a falar da búsqueda persoas, e para que preguntarédesvos, pois sólo e sencillamente que para acompañar ás persoas na entrada á vida adulta.

Son moitos os adolescentes que por motivos diversos están baixo a custodia da Xunta de Galicia, e é esta a que se encarga de proporcionarlle os medios necesarios para unha boa vida ata a maioría de idade. Unha vez cumplen os 18 anos, axúdanlle a incorporarse á vida adulta e a que adquiran a autonomía necesaria para enfrentarse á sociedade por sí sólos.

Cabe destacar tamén que estas persoas non están nin directa nin indirectamente relacionadas co mundo das drogas, dos malos tratos, do alcoholismo, etc... ; senón que son persoas sin ningún tipo de problema, que sólo necesitan de compañía e un pequeno empuxón para insertarse na sociedade como persoas totalmente autónomas.

E eu pensei...qué mellor que nós os pedagogos/as para compartir experiencias con esas persoas, para orientalos e aconsellalos na importante transición que van a pasar. E ahí precisamente, no mundo tan difícil que temos por diante para poder traballar, a nós presentasenos unha oportunidade para poder facelo, e ademais en aquelo que mellor sabemos facer, e para que eu polo menos sí me sinto capacitada.

Que vos parece? Dá gusto que nos cheguen boas noticias..parece que por Navidad todo son alegrías Smile, e por certo, aproveito para desearvos os meus mellores desexos para estas navidades e para o próximo ano.