Sesión do 19 de Decembro: Malestar Docente

     A última sesión de clase estivo dividida en dúas partes. A primeira delas centrouse no desenvolvemento dun debate sobre as razóns para o benestar e o malestar docente. Durante a segunda parte, Mónica Rial (unha antiga alumna), falounos acerca do malestar docente e dunha proposta de intervención para combatelo.

     Ao comezo da primeira parte, a profesora Lourdes dividiu a clase en dúas metades; unha metade tería que dar razóns que defendesen o benestar docente, e a outra metade argumentar razóns que defendesen o malestar docente. De seguido, repartiunos un post-it a cada un, no cal debíamos escribir unha razón que defendese a postura que nos tocara defender a cada un.

     Unha vez recollidos todos os post-it deu comezo o debate, no cal saíron numerosas razóns que defendían unha ou outra postura. A continuación destacarei algunha delas:


Razóns para o malestar docente


Razóns para o benestar docente


Demasiada presión social e pouco recoñecemento social.

Situación laboral estable, cun salario ben remunerado.

Sobrecarga de tarefas.

Estar loitando día a día por mellorar, fai que un se sinta motivado.

Existencia dunha falta de colaboración.

Os malos momentos poden ser oportunidades para mellorar.

Demasiados alumnos/as por clase, dos cales algúns deles presentan algún tipo de dificultade que non pode ser atendida.

A inseguridade tamén pode ser un elemento positivo, xa que nos fai reflexionar e é o motor que nos fai seguir buscando novas estratexias.

Falta de seguridade á hora de realizar o traballo.

O que un fai, sempre vai a ter pegada nos alumnos/as.

As novas tecnoloxías teñen momentos de esixencia que causan tensión.

Estar loitando día a día pola inclusión supón un gran reto.

Acoso recibido por parte do alumnado que en algunhas ocasións obriga ao profesorado a trasladarse de centro.

Somos unha ferramenta de cambio.

 

Maior comunicación entre os profesionais grazas á rede.

                                                                         

     Durante a segunda parte da clase, Mónica Rial levou a cabo unha presentación sobre o tema do malestar docente.

     Para definir este termo, escolleu unha definición de Esteve (1987) segundo a cal, o mal estar docente refírese aos efectos permanentes de carácter negativo que afectan á personalidade do profesor como resultado das condicións psicolóxicas e sociais nas que se exerce a docencia; este malestar docente trae múltiples consecuencias: absentismo laboral, abandono da profesión, enfermidades propias do profesorado, et.

     As súas causas son variadas pero principalmente débese ás seguintes:

  • Masificación nas aulas.
  • Escasa valoración da labor docente.
  • Progresiva complexidade da organización educativa.
  • Esixencia constante de altos niveis de atención, concentración e precisión.
  • A indisciplina dos estudantes.
  • Falta de recursos para poder facer fronte ás novas esixencias do sistema da ensinanza.
  • Implicación emocional cos alumnos, pais/nais, etc. que algunhas veces derivan en conflitos.

 

      Entre as súas principais consecuencias destacan:

  • Esgotamento emocional.
  • Despersonalización (incapacidade de establecer vínculos coas persoas alleas).
  • Falta de realización persoal.
  • Enfermidades físicas derivadas do problema (ansiedade, depresión…)

 

     Para evitar esta situación existen diversas estratexias que se poden poñer en práctica para previr o reducir este malestar docente. A maioría delas, céntranse principalmente na formación inicial do profesorado así como na formación permanente. Ademais diso, sería preciso estudar a saúde mental dos docentes e ser conscientes dos beneficios que supón traballar dunha forma cooperativa, e poñer en práctica programas específicos de prevención do malestar docente.

Como futuros asesores temos un traballo fundamental á hora de ser os potenciadores do benestar docente  e debemos ser capaces de saber neutralizar os aspectos negativos.