Malestar docente.

Relacionado co último día de clase, atopei un artigo en Internet directamente relacionado co tema: o malestar docente. Trátase dunha nova editada pola Revista dixital para profesionais da ensinanza, da Federación de Ensinanza de CC.OO de Andalucía.

Nela expóñense moitos datos relacionados co tema, dos que destaco algúns relevantes:

- É unha realidade á que miles de profesores/as, se teñen que enfrentar e que en ocasións, carrexa consecuencias como é traballar desmotivado ou estresado. Sen embargo isto non é un problema social, senón que nos estamos enfrontando a un grave problema social.

- A sociedade cambiou moi rapidamente e a formación dos educadores non sufriu cambios relevantes.

- O prestixio social dos profesores diminuíu considerablemente.

- A autoridade e o coñecemento do profesorado, comeza a verse cuestionado por unha parte do alumnado.

- Falta de motivación do alumnado.

- Diversidade nas aulas: de idade, estatus social, pais, motivacións...

- A familia elude cada vez máis a súa responsabilidade educativa delegándoa á escola, e contraditoriamente desacreditándoa, desvalorándoa e quitándolle autoridade aos profesores.

- Falta de medios na escola debido á escasa inversión das Administracións nela.

- Falta de estratexias adecuadas dos docentes en canto a habilidades sociais.

- Tempo dedicado a actividades burocráticas.

Como podemos ver, este informe non dista moito do discutido o pasado día na clase, xa que, como se ve, pódense intuír moi facilmente cales son as deficiencias do noso sistema educativo. Agora que sabemos as causas, porque non lles poñemos solución? Está nas mans de todos nós que este colectivo promocione persoal e profesionalmente. Sen un persoal docente que se senta cómodo, o futuro do noso país vaise a ver cada vez máis inestable.

 

 Aquí podedes ver o artigo enteiro: http://www2.fe.ccoo.es/andalucia/docu/p5sd9615.pdf