ÚLTIMA SESIÓN DE CLASE (19-12-12)

Sesión 19/12/12: Malestar & Benestar docente

   Na derradeira sesión do curso sobre “Asesoramento Curricular a Centros e Profesores” tratouse a temática do malestar e do benestar do profesorado, para o cal a profesora contou coa colaboración de Mónica, unha alumna do curso pasado.

   O transcurso da clase organizouse en dúas partes. Na primeira delas dividiuse a clase en dúas metades, por un lado estabamos os defensores do malestar docente mentres que, polo outro, atopábanse os defensores do benestar e polo tanto detractores do malestar. A continuación, cada un de nós tivemos que escribir unha ou máis ideas/percepcións arredor da postura eu debiamos defender e depositala nunha caixa, pois con todo o extraído pretendíase facer un muro. Tras isto, unha compañeira da clase foi designada pola profesora para moderar o debate que tería lugar sobre a temática que nos ocupaba; ademais dela, tamén nomeou a dúas persoas máis para que ó remate do debate fixeran as derradeiras achegas que a modo xeral percibiran de toda a clase.

   Foron numerosas as percepcións que xurdiron en torno o malestar e o benestar, por iso procedo a plasmar todas aquelas que baixo o meu punto de vista foron verdadeiramente significativas. En canto ás posibles causas do malestar docente cómpre resaltar:

  • A excesiva carga de traballo (o profesorado atópase con demasiado traballo, pouco tempo para desempeñalo e esixencias que non lle competen).
  • Os cambios culturais, sociais e económicas que aconteceron nos últimos anos.
  • A presión social (tanto polo que se lles pide como polo recoñecemento social, pois sempre están no punto de mira).
  • A falta de respecto por parte do alumnado e do profesorado (e inclusive, ás veces por parte dos mesmos compañeiros/as).
  • A falsa colaboración.
  • O feito de que o traballo non sempre da os froitos esperados, o que moitas ocasión chega a provocar a frustración do profesorado.
  • A dificultade de ter a seguridade de que o traballo levado a cabo se está facendo verdadeiramente ben: a incerteza.
  • A incerteza vai unida á falta de apoio e a presión social, e isto xunto coas esixencias dos pais/nais devaluan o trabllo do profesor/a con respecto a outros traballos e profesións.
  • O desprestixio social do profesorado é cada vez maior.
  • A falta de confianza persoal.

No relativo ás causas do benestar docente as máis salientables son:

  • O profesorado non pode deixarse influír pola realidade social.
  • Nun momento de crise, como o que se está a vivir, é fundamental non deixarse rendir, hai que promover o cambio.
  • É necesario promover a colaboración.
  • Demándase máis profesionalidade ó traballar en equipo.
  • Trátase dun traballo ben remunerado, cun bo horario e con largos períodos estivais.
  • É un traballo gratificante e ben feito dá os seu froitos ó final.
  • Hai que conseguir a inclusión e facela efectiva.
  • A pegada do profesorado no alumnado é algo que permanece a largo prazo.
  • A responsabilidade e o compromiso coa profesionalidade.
  • A comunicación e o feito de compartir ideas e coñecementos.
  • A busca da motivación interna deixando a un lado o que a sociedade pensa.
  • A busca de novas e boas ferramentas para solucionar os problemas, pois cando están obsoletas os docentes amosan a súa capacidade para a mellora e incorporación de outras opcións.

   A segunda parte da clase xa correu integramente a cargo de Mónica que realizou unha exposición arredor do Malestar&Benestar Docente.

   En definitiva, o malestar e o benestar docente son as dúas caras da mesma moeda, xa que aquilo que pode causar o benestar tamén pode dar lugar o malestar e viceversa. Deste xeito, a encomenda de calquera asesor/a que desenvolva a súa tarefa no ámbito educativo debe velar por garantir o benestar tanto do profesorado como do alumnado.