• Blogs
  • EU
  • Benestar docente, Jose M. Esteve

Benestar docente, Jose M. Esteve

Por EU

image

A primeira chave que conduce á autorrealización

no exercicio profesional  da docencia está na formación inicial.

O orgullo de ser mestrXs

Necesariamente vou a concluir como comencei: malestar e benestar docente son dúas caras da mesma moeda.

Dende o benestar docente coñezo mestrXs que antepoñen a atención aos seu alumnado á súa propia saude; e así, non deixan de asistir a clase por ter febre, e aguantan a enfermidade sen gardar cama poque non queren fallarlles a uns alumnos cos que se senten comprometidos. As tarefas que programaron motívanos a asistir, e fano sen pensar que están facendo nada extraordinario.

Para vivir dende un sentimento de benestar é que se sintan orgullosos de ser mestrXs, que ao marxe da ética do poder e os cartos, crean na ética do esforzo, pois, aínda que ninguén o aprecie dende fora, o mellor do noso traballo queda no espírito dos nosos alumnos e alumnas, e o mellor dos pagos da nosa profesión é permanecer no recordo positivo daqueles aos que soubemos axudar.

Un dos pocos artígos e referencias na rede ao POSITIVISMO e ao BENESTAR docente. Somos mestres, novos, sen usar, a estrear!! Non podemos, ou non debemos, estar queimados...

Na miña experiencia como monitor de actividades extraescolares, mestre de música na Banda de Arca, mestre de Primaria teño miles de experiencias para ter "malestar docente", ver como o sistema non funciona, ver como non se valora o traballo etc etc etc. Todos vivimos este tipo de experiencias, pero somos a NOVA SANGUE do sistema, a nova motivación! debemos ser elemento de cambio! a nivel micro? pois si...a nivel micro! por algo temos que empezar.

A verdade é que traballar sobre o Malestar Docente, fixo que pelexe para que haxa mais BENESTAR Docente! Aquí vos deixo un arquivo....non sei como o fai...pero este señor motiva...e moito!

Benestar docente, Jose M. EsteveBenestar Docente