A Sociedade da Información

A sociedade do coñecemento componse, segundo Andy Hargreaves (Ensinar na sociedade do coñecemento, 2003), de tres elementos:

  • Unha esfera educativa, técnica e científica expandida.
  • Modos complexos de proceso e circulación de coñecemento e información.
  • Cambios básicos no funcionamento das empresas e organizacións para promover a innovación continua, mediante a creación de sistemas, equipos e culturas que leven ao máximo as oportunidades para a aprendizaxe.

A educación, ao proporcionar o acceso aos medios de información e de produción, convértese no elemento clave que dota de oportunidades, xa que é a ferramenta que potencia desenvolvemento das habilidades necesarias na sociedade da información.

Partindo do contexto de globalización débese estimular, máis que nunca, a creatividade, a capacidade de resolución de conflitos, así como a posibilidade de mellora continua do profesorado. Necesítase avanzar cara unha comunidade profesional na que os mestres sexan quen de compartir os seus saberes e crear unha “intelixencia colectiva”, converténdose, deste xeito, en “catalizadores da sociedade do coñecemento”.

Así, dentro da sociedade do coñecemento, todos os cidadáns deben ser educados de maneira que teñan oportunidade de formar parte dela, e por este motivo os docentes deben modificar o seu rol tradicional para incluír e abarcar novas formas de aprendizaxe adaptadas ás necesidades sociais.

Tendo en conta que a sociedade actual está en continuo cambio, en continua transformación e en constante adaptación ao entorno no que se atopa, que non cesa no seu desenvolvemento, que rol de xogar o profesor?

  • Rol de facilitador: O profesor debe preparar aos estudantes para abordar un mundo de creatividade e flexibilidade, polo que a clave é estimulalos a recoñecer a realidade competitiva da sociedade, para que os alumnos entendan a importancia de alcanzar cada vez niveis de educación máis altos.
  • Rol de xestor do coñecemento: O profesor debe preparar aos mozos, na perspectiva de lograr éxito na súa educación superior, así como para dominar funcionalmente as TIC. O profesor na sociedade do coñecemento debe ser capaz de xestionar os medios que ten ao seu alcance, coa finalidade de tornar dinámica a aprendizaxe dos seus estudantes e preparalos para enfrontar un mundo globalizado.
  • Rol de líder transformacional: Os roles de facilitador e xestor do coñecemento conflúen nun novo rol de liderado, esencialmente, transformacional do profesor. Este tipo de liderazgo ten uns aportes positivos para o profesorado, xa que contribuirá a que os estudantes sexan capaces de comprender o ambiente competitivo no que viven e, á vez, estimularaos para adquirir unha formación elevada que lles permita interactuar con eficacia social. Carisma, atención ás diferenzas persoais e ás necesidades diversas, estimulación intelectual, e capacidade para motivar, potenciar as necesidades e proporcionar un apoio intelectual e emocional, son algúns dos atributos do profesor neste rol. Un líder transformacional pode producir un alto nivel de motivación nos estudantes, quen poden ser inspirados na procura de metas de longo prazo que haberán de contribuír á súa exitosa inserción na competitiva sociedade do coñecemento.

                   Rol do profesorado

O desenvolvemento dunha adecuada tarefa para os docentes do século XXI non está exento de tensións. Un dos principais desafíos cos que se atopa o profesorado é ser quen de asumir múltiples roles tales como facilitador, xestor de coñecemento, e líder transformacional, implica a existencia dunha serie de tensións.

Poren este non é o único, senon que para acadar este punto hai que contar cunha satisfactoria preparación inicial do profesorado. Unha formación inicial inadecuada, insuficiente son a principal eiva. Así mesmo, temos que atopar un paralelismo nos valores, é dicir, que os valores do profesorado encaixen cos da sociedade. Seguidamente o persoal docente ten que ter unas características persoais, así como unas capacidades intrínsecas compatibles cos roles esixidos. Outro aspecto a ter en conta é a relación que o profesor teña co equipo directivo, ao igual que o apoio que reciba do mesmo, procurando evitar tensións polas condicións de traballo e as reais posibilidades de desenvolvemento do labor docente, etc.

            En resumo, o profesor enfróntase a ardua e titánica tarefa da ensinanza dos estudantes que se deben enfrontar a este panorama social, que para moitos, profesionais do ámbito, é totalmente descoñecido, polo que a formación permanente deixa de ser un recurso e pasa a ser unha ferramenta de uso obrigado para todos os profesionais da educación. 

 

Fontes:

http://intrigapersonal.wordpress.com/2009/04/01/hargreaves/

http://www.scielo.cl/scielo.php?pid=S0718-33052012000100014&script=sci_arttext

http://suite101.net/article/el-rol-docente-en-la-sociedad-del-conocimiento-a8794#ixzz2GLHDfoLm