• Blogs
  • Tamara Rey Santos
  • “Las familias gastan 822 euros por alumno en colegios públicos y 3.627 en privados ”

“Las familias gastan 822 euros por alumno en colegios públicos y 3.627 en privados ”

Baixo o título “Las familias gastan 822 euros por alumno en colegios públicos y 3.627 en privados ” , o xornal El Mundo no día de hoxe publicada esta nova, aludindo ós datos que recolle o Instituto de Avaliación Educativa (INE) sobre o gasto familiar anual por alumno en función da tipoloxía do centro, é dicir, se o centro é de titularidade pública, privada ou privado-concertado.

A nova en cuestión é a seguinte:

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/12/28/espana/1356691303.html

Como amosa o título, o gasto familiar para os centros públicos incrementouse nos últimos tempos, sendo agora de 822 euros .

Como é lóxico, para os alumnos/as dos centros de titularidade privada o gasto das familias é moito maior chegando inclusive, segundo datos do INE, a superar os 3000 euros por alumno. Isto é debido a que, ó tratarse de centros baixo a responsabilidade dunha persoa física ou xurídica non pública, na meirande parte dos casos, son as propias familias as que sustentan o centro e os servizos que oferta a través das súas aportacións económicas.

Estes datos revelan que cerca dun 43 % do gasto na ensinanza regrada é realizado polas familias dos estudantes que cursan os seus estudos, no presente ano académico en centros de titularidade pública, un 21’6 % os que estudan nas aulas privadas concertadas e o 35’7 % restante, dos que o fan en centros privados.

Aparentemente, a nova só mostra datos e información estatística sobre o gasto familiar efectuado por alumno, pero véndoa dende unha perspectiva obxectiva tamén ofrece outros datos dun xeito implícito.

Se temos en conta que do total de estudantes, preto do 70% acude a aulas públicas, é moi evidente que o gasto das familias (822 €) por cada fillo que teñan en idade de escolaridade resulta ser moi alto para a actual situación de crise económica que estamos a padecer e supón unha inversión moi grande para aquelas familias que contan con escasos recursos económicos ou ben que teñen a algúns dos seus principais membros e sustentadores da familia en paro.

Entendo que estes datos, dunha ou doutra maneira, son reflexo dunha política que nos encamiña cara a privatización dos centros, pois o goberno vixente aproveita a conxuntura actual para aplicar a súa ideoloxía a tódolos ámbitos de interese social, como neste caso é a educación.

 Os datos son claros, mostran un incremento do custo da ensinanza pública para as familias, o que baixo o meu punto de vista pode derivar, como xa acontece coa privatización de centros sanitarios en Madrid, nunha posible política de privatización de colexios públicos, co fin de quitar maiores beneficios e así aplicar grandes políticas de aforro para reducir a inversión con fondos públicos.

Parece que o goberno non aposta por un sistema educativo baseado na igualdade, pois semella querer que exista unha educación para ricos outra para pobres. E é máis é a actual crise económica a que fai máis patente as diferenzas entre as clases altas e as medias ou baixas. 

Con este comentario non pretendo molestar a ninguén, simplemente ofrezo a miña visión persoal sobre o gran desembolso económico que supón para as familias españolas a suposta educación "gratuíta" para os seus fillos, que cada vez se ve máis incrementada, ó igual que procuro mostrar, brevemente, como afectan as políticas levadas a cabo á educación pública. 

Un cordial saúdo 

TAMARA REY 

Comentarios

  • Miriam Seijo

    Ya lo he visto en las noticias...me parece un escándalo.... También he visto esta noticia, que te puede resultar interesante.... 

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2012/12/28/estudiar-colegio-concertado-cuesta-doble-publico/00031356722017299229908.htm

     

    En el fondo quieren privatizar la enseñanza, y si la privatizan ¿que nos deparará? Porque desde luego la educación es la base del país, y si la educación es sólo para los ricos, ¿quien forma el país?, ¿que modelo de sociedad tenemos?...

  • Tamara Rey Santos

    Parece ser que imos por ese temida senda da privatización da ensinanza pública...

    Semella que se está "fabricando" unha educación elitista só dispoñible para os ricos! 

    Moitas grazas por esa nova que me aportas! Botareille un ollo! ;)

  • EU

    A educación estase privatizando...é unha realidade existente, dende a educación base ata a educación universitaria. Subense tasas, pagos, materiais...Volvemos a época mediaval onde estudan os ricos.

    A miña experiencia como estudante - traballador tamén indica que non só se reduce a educación por motivos económicos, senon que se impíde a compatibilidade de traballar e estudar ao mesmo tempo. Son numerosas as dificultades que se interpoñen para facer compatible esta opción. Entón....estudarán os fillXs de ricXs que poidan permitir a exclusividade de estudar e ao prezo que se está poñendo.

  • Tamara Rey Santos

    Estou totalmente dacordo contigo,de feito así o deixe de manifesto o analizar a noticia. 

    Vamos cara o camiño de fomentar unha educación elitista, só dispoñible para os que maior poder adquisitivo teñan.

    E o peor de todo é que ninguén semella ter interese por impedir que isto suceda. 

    Moitas grazas polo teu comentario :)