ANPE

DEFENSOR DO PROFESOR

image

¿Qué é?

 O DEFENSOR DO PROFESOR é un servizo de atención inmediata e gratuíta para os docentes, que necesiten axuda, apoio e orientación ante calquera tipo de situacións de conflitividade e violencia nas aulas. É un servizo pioneiro na denuncia dos problemas de conflitividade escolar posto en marcha por ANPE o 30 de novembro do 2005, que  xa atendeu a máis de quince mil profesores de todos os niveles educativos en todo o Estado.

Está aberto a todo o profesorado e operativo en tódalas comunidades autónomas, con atención personalizada. As consultas que se realizan son atendidas de forma individual por psicólogos especialistas, que asesoran e orientan en función do caso. Se a situación o require, poden intervir ás asesorías xurídicas de ANPE, e o propio sindicato pode efectuar a labor administrativa que sexa necesaria. En tódalas chamadas realizarase unha recollida de datos significativos dos afectados e da situación que viven (idade, sexo, problema que lles afecta, tempo que fai que o padecen, evolución do problema, intervencións feitas, etc.), porque o Defensor do Profesor actúa tamén como observatorio sobre a violencia escolar e os seus informes estruturan as reivindicacións sindicais sobre a mellora da convivencia. ANPE garante, en calquera caso, a confidencialidade das chamadas.

Desde a posta en marcha do servizo, a oportunidade e a xustificación do Defensor do Profesor traducíronse no debate social sobre a conflitividade nas aulas que desencadeou, na difusión da mesma que realizaron os medios de comunicación, e na atención que as administracións educativas  comezaron a prestar a este problema: Plan de Mejora de la Convivencia Escolar da LOE, Observatorio Estatal, actualización da normativa sobre convivencia escolar na práctica totalidade das comunidades autónomas, instrucións das Fiscalías Xerais con respecto á considerar as agresións ós docentes como atentados á autoridade e as  Leis de Autoridade do Profesor.

O acoso ó profesor non é un fenómeno novo nos centros educativos, pero nestes momentos alcanza niveis preocupantes. Hai que actuar para poñer fin a este tipo de situacións. E, solo asumindo cada un a nosa responsabilidade e actuando con seriedade e rigor, sen baixar a garda, podemos atallar este e outros problemas de convivencia nas escolas e institutos.

¿Qué fai o Defensor do Profesor?

  • Escoitar ó profesor respectando en todo momento o anonimato.
  • Avaliar a situación de conflitividade.
  • Intentar resolver esa situación conflitiva, asesorando e poñendo en marcha os mecanismos necesarios para solucionar o problema.
  • Reflexar estadísticamente os datos xerais obtidos, confeccionar informes, analizando a incidencia destes feitos, as súas causas e repercusións.
  • Demandar ás administracións educativas que leven a cabo unha campaña institucional de concienciación, dirixida á sociedade, ás familias e ós xoves, e que no seu "plan de choque contra a violencia escolar" arbitren as medidas oportunas para mellorar a convivencia e acabar con calquera tipo de  agresión nos centros (psicolóxica, física ou verbal).

WEBGRAFÍA:



image