• Blogs
  • Silvia
  • 8 principios que deben dirixir a formación do profesorado según Hawley e Valli.

8 principios que deben dirixir a formación do profesorado según Hawley e Valli.

Hawley e Valli ( 1999) son dous autores destacados no ámbito da formación do profesorado, e que teñen varias aportacións en este ámbito. Unha de elas é sobre a que falaremos hoxe, pois estes autores revisando a literatura de investigación en relación coa eficacia dos programas de formación do profesorado, chegando a sistematizar unha serie de 8 principios que deberían dirixir a práctica do desenvolvemento profesional. Son os seguintes :

Principio 1 , Metas e aprendizaxe dos alumnos/as :a formación do profesorado debería estar orientada por un detallado análisis das necesidades de aprendizaxe dos alumnos.

Principio 2 , Implicación do profesorado :a formación do profesorado debería implicar aos profesores na identificación das súas necesidades de formación. Esta implicación incrementa a motivación e o compromiso do profesorado no que aprende.

Principio 3, Centrado na escola : a formación do profesorado debería centrarse na escola e no recoñecemento e solución de problemas auténticos e inmediatos.

Principio 4, Resolución de problemas de forma colaborativa : a formación do profesorado deberá proporcionar oportunidades de aprendizaxe que relacionen as necesidades individuais coas colectivas, de forma que os profesores se enfrenten á resolución de problemas comúns de forma resolutiva.

Principio 5, Continuidade e apoio : A formación do profesorado debe ser contínua e evolutiva, implicando seguimento e apoio que permita que os profesores continuen aprendendo.

Principio 6, Riqueza de información :A formación do profesorado debería incorporar  a avaliación de múltiples fontes de información, tanto dos propios profesores como dos estudantes.

Principio 7 , Fundamentación teórica : a formación do profesorado debería proporcionar oportunidades para unha maior fundamentación teórica acerca do coñecemento e habilidades a adquirir. Estas oportunidades deben axudar ao profesorado a (re)considerar as súas crenzas e prácticas habituais.

Principio 8 ,  Parte de un proceso de cambio mais comprehensivo : a formación do profesorado debe integrarse dentro de un proceso de cambio mais amplo e comprehensivo que mellore a aprendizaxe dos alumnos/as.

.

 

http://prometeo.us.es/idea/publicaciones/Profesorado_Principiante_Insercion_Profesional.pdf