Tecnoloxía Educativa

Tras estos poucos días de clase, concivo a Tecnoloxía Educativa como o conxunto de instrumentos que utilizamos para favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe. Como dicía o meu compañeiro Jacobo, esta tecnoloxía existe desde que existe educación solo que varía en función da época ou contexto no que se enmarque. 

Sendo así, que mellor exemplo de tecnoloxía educativa que todo o material museístico que alberga o Mupega, onde fixemos as prácticas. Alí atopas desde a tecnoloxía máis rudimentaria, como un taco de madeira que fai de asento para o mestre, ou unhas pizarriñas para que os nenos fixeran as contas; pasando por láminas de anatomia, mapas, animais disecados, representación do universo dentro dunha bola de cristal que funciona cun mecanismo de reloxería, ata os actuais proxectores, ordenadores, e demais instrumentos que empregamos a diario dentro e fóra das aulas.

Desde o meu punto de vista, as posiblidades actuais son infinitas, pero como se comentaba hoxe en clase, toda tecnoloxía resolve uns problemas e provoca outros. E para min a desventaxa que lle vexo as novas tecnoloxías, a sociedade da información, TICs e demais, é que a información fácil, rápida e concisa, aínda que útil, en gran medida nos fai vagos, anula a nosa creatividade e nos volve seres pasivos.