Tarefa grupa I

ASESORAMENTO CURRICULAR A CENTROS E PROFESORES

Bloque temático I: Psicopedagogos/as e contextos de asesoramento

Tarefa 1

¿QUE ENTENDEMOS POR ASESORAR?

Actividade a desenvolver en grupos pequenos

(19 de setembro de 2012)

 

1) Identificar escenarios nos que se desenvolvan tarefas de asesoramento:

  • Centros educativos.
  • Gabinetes.
  • Oficinas de emprego.
  • La Red.
  • Hospitais.
  • Centros penitenciarios.
  • Axuntamentos.
  • Centros sociais.
  • Unidades terapéuticas.
  • Centros relixiosos.
  • Clínicas de beleza.
  • Asesores matrimoniais.
  • Atención al consumidor.
  • Voluntariado.
  • Asociacións.
  • Político.
  • Familia.
  • Publicitario.
  • Deportivo.
  • Xurídico.
  • Universidades. 

2) Que fai un asesor ou asesora? Describir as tarefas desenvolvidas:

Un asesor ou asesora é o encargado de proporcionar, en todos estes ámbitos:

  • Información e estratexias para que as persoas posúan competencias e sexan críticos e autónomos.
  • Colaborar  e cooperar con outros profesionais de forma lineal (non xerárquica).
  • Participar no diagnóstico e no seguimento.
  • Entender que asesorar é un proceso continuo e contextualizado.

3) Que entende por asesorar o grupo de traballo ? Elaborar unha definición:

Guiar, axudar de forma colaborativa e coordinada nun contexto concreto, é dicir, dentro do ámbito persoal, académico e/ou profesional.

4) Pode falarse de profesión de asesor/a? Que formación se necesita?:

Segundo a nosa opinión, cremos que si se pode falar da profesión de asesor ou asesora, xa que como comentamos no apartado 1 desta práctica; un asesor está presente en moitos escenarios (ámbito persoal, académico e /ou profesional) nos que desenvolve  as súas funcións.

Segundo a bibliografía consultada, cremos que as competencias xerais dun asesor poderían ser:

  • Competencia para comprender a complexidade do ser humano, a súa percepción, reaccións cognitivas e emotivas fronte o cambio, e as súas motivacións persoais e profesionais.
  • Competencia para actuar no marco duns valores éticos con vistas á promoción do cambio.
  • Competencia para coñecer e comprender ideoloxías, contextos, tradicións, culturas, crenzas e valores das organizacións e das persoas afectadas polo cambio.
  • Competencia para aconsellar, apoiar e axudar ós equipos, motivar ás persoas e descubrir o seu potencial, desenvolver un clima de confianza e crear sentimentos de implicación proactiva.
  • Competencia para a planificación e desenvolvemento de estratexias para actuar na complexidade dun cambio planificado.
  • Competencia para efectuar o seguimento e a integración do cambio.

Recollemos as competencias xerais de Pont e Teixidor (2002, p.70). Non aparece como unha cita porque fixemos modificacións, xa que non estabamos totalmente de acordo con relacionar as competencias do asesor/a cos termos “influencia” e “liderazgo”, debido a que na nosa opinión, o asesor/a é un axente que ten que colaborar cos demais profesionais sen estar nun nivel superior. Ó ler estes dous termos no libro onde foron extraídas as competencias, daba a impresión de que o asesor/a era unha figura autoritaria ou superior.

5) Indagar e contrastar noutras fontes de información para alimentar, enriquecer e fundamentar os nosos puntos de partida:

Bibliografía consultada:

  •  Domingo, J. (coord.) (2001). Asesoramiento al centro educativos. Colaboración y cambio en la institución. Barcelona: Octaedro.
  • Bonals J.; Sánchez- Cano M. (2007). Manual de Asesoramiento Psicopedagógico. Barcelona: Graó.
  • Estudio evaluativo de los equipos psicopedagógicos de la Comunidad de Madrid (1992). El asesoramiento a centros educativos. Comunidad de Madrid: Consejería de Educación y Cultura. Dirección General de Educación.
  • Moreneo, C. y Solé, I. (coord.) (1996). El asesoramiento psicopedagógico: una perspectiva profesional y constructivista. Alianza editorial: Psicología y Educación.