"Educar...para que? " según José Luis Sampedro

De casualidade, atopeime hoxe cunha entrevista feita a José Luís Sampedro, escritor, humanista e economista español que avoga por unha economía máis humana, máis solidaria, capaz de desenvolver a dignidade dos pobos.

Como é normal en Sampedro, fálanos desde a crítica, cunha base de reivindicación que plasma falando da economía e da educación.  Fálanos da toma de conciencia cidadá, xa que para que esta exista, debe ir á par da educación e a formación da xente.

E plantéxanos unha gran pregunta: para que educar? Pois ben, educase para o progreso, e como el di, “o progreso é unha cuestión de dirección, non so é unha cuestión cuantitativa”. O noso sistema apenas ten dirección e orientación e debido a iso, a humanidade non sabe a onde se dirixe, non hai unha humanidade común, a pesar dos adiantos de hoxe en día.

A realidade é que se nos educa na competitividade, en vez de facelo na cooperación e no acordo. Hai que educar ao ser humano para ser completo, para que chegue a desenvolverse completamente.

Reclama que a educación debe existir para que o home chegue a súa completa responsabilidade, o que implica o pensamento libre, xa que se non existe este non hai toma de conciencia. Ten que ser libre porque se pensamos coas ideas que nos impuxeron, estamos sendo  condenados a vivir outra vida que non é a nosa.

Educar para ser quén somos… e isto require tempo, cambio… e unha serie de factores que moitas veces non se teñen en conta o suficiente, e que fan que sexan o detonante dunha educación que non é buscada, na que falta a calidade que todos procuramos. Por iso, e como di Sampedro, reivindiquemos a educación para o pleno desenvolvemento cidadá, para a creación de persoas máis responsables, que sigan unha conciencia elaborada por eles, e non imposta polos precesores. Dediquémoslle tempo á formación e, a medio e largo plazo, notaremos os cambios.

 

 

 Aquí podedes ver a enquisa enteira:

Error processing the video