Isaac Asimov

Gustaríame compartir con vos esta pequena entrevista de Isaac Asimov sobre o uso de Internet e a súa repercusión na educación. Aínda que o vídeo é de 1988 sigue sendo aplicable en 2013.

Asimov é coñecido polas súas obras de ciencia ficción e non posúe ningunha formación específica en educación pero as súas declaración parécenme moi interesantes para comentar.

Comeza o vídeo sinalando a importancia da capacidade de conectar todos os puntos do planeta para facilitar así o acceso á información, e polo tanto á construcción do coñecemento. A capacidade de acceso a todo tipo de información desde o noso fogar fai que cada persoa poda acceder ao que máis lle interese, guiándose pola motivación propia de cada individuo.

A posibilidade de ter o acceso á información no fagar tamén permite que cada quen se marque os seus ritmos de aprendizaxe para así disfrutar de ese proceso. Isto non sucede nas aulas onde os contidos están impostos e o ritmo que debes levar é o da maioría da clase, sen atender ás peculiaridades de cada individuo.

Segundo este autor, os ordenadores poden cumprir a función dos antigos pedagogos, que era acompañar ao alumno no seu proceso de aprendizaxe, co tempo o pedagogo foi sustituído por un mestre que puidera atender á educación de toda a poboación, polo que se perdeu a atención completa individualizada aos alumnos e alumnas. O mestre ou mestra ideal sería a persoa capaz de guiar a cada persoa segundo os seus intereses e habilidades.

Podendo guiar o noso aprendizaxe poderemos manternos motivados para aprender diferentes disciplinas dentro dunha misma temática, permitindo o traballo por proxectos, para este proceso sigue sendo necesaria a figura de unha persoa que guíe o noso camino educativo, atopámonos co mestre ideal ou pedagogo que debe presentar certas características necesarias para adaptarse a todo tipo de alumnos e alumnas e ás súas necesidades específicas.

A maior problemática que presentan as novas tecnoloxías é a necesidade de contar con recursos materiais como un ordenador e a conexión a Internet.

A educación a través das novas tecnoloxías facilita o acceso á mesma a todos e contempla a educación como un proceso que acompañará toda a vida do ser humano e así este disfrutará de ese proceso xa que aprenderá sobre os temas que máis lle interesan.