Novos restos á formación do profesorado

Na sociedade da información e a comunicación, a práctica totalidade dos campos profesionais viron incrementado o seu potencial de desenvolvemento coa incorporación das TIC.

O perfil de profesor, coa aparición das novas tecnoloxías, implica un permanente afán por perfeccionarse e actualizarse, constantemente, nas súas técnicas docentes e no seu enfoque metodolóxico, desde un proceso de investigación e avaliación da súa propia práctica pedagóxica. Para chegar a asimilar a Sociedade da Información e as Novas Tecnoloxías dentro da escola, é preciso recorrer a este novo papel do profesor e non limitarse ao que nos ven dado, xa que doutro lado, os cambios propostos tamén afectan de cheo ao papel que o alumno desempeña na súa aprendizaxe: un profesor debe recoñecer as dificultades coas que se atopan os seus alumnos á hora de aprender.  

A sabendas de que se debe romper coa concepción da aprendizaxe como un simple proceso de acumulación de información, o profesor debe interiorizar e proxectar un modelo dinámico e significativo, un modelo no que alumno xogue un papel activo e participante, colaborando na procura, localización, intercambio e interpretación da información, lograrase se vencemos a concepción da aprendizaxe como simple acumulación de saberes para entendelo como o elemento máis significativo para a resolución e o replanteamiento de problemas reais. Só así os nosos alumnos pasarán a ser construtores activos do seu coñecemento. Como consecuencia, aparece un novo reto na formación dos mestres: formación no ámbito tecnolóxico.

A escasa utilización que o profesorado fai das Novas Tecnoloxías resalta a importancia da educación dos docentes, ao respecto. Aínda que é coñecido por todos o carácter interactivo que presenta a oferta tecnolóxica do ensino, na  maior parte das escolas, como todos ben sabemos, o referente base continúa sendo o libro de texto, a pesares do continuo aumento das excepcións. Se ben se amosa unha actitude favorable do profesorado cara ás novas tecnoloxías, os modos de uso das mesmas quedan suxeitas a un modelo de aprendizaxe tradicional e cognitivo.

Partindo de todo isto pódense establecer tres piares básicos para a mellora da formación continua do profesorado, así como da súa adaptación ao entorno e características dunha sociedade en constante cambio:

  • A formación debe realizarse a partir das ideas dos docentes: debe ser un proceso reflexivo, unha colaboración entre práctica e teoría que outorgará capacidades ao sistema educativo para explotar as ferramentas e instrumentos que ten ao seu dispor.
  • Capacitar ao profesores no dominio das TIC, así como dunha pedagoxía do seu uso crítico e racional: Un dos principais retos cos que se atopa a educación é a capacitación dos docentes no dominio das novas tecnoloxías.
  • Formador como innovador: Búscase un profesor que sexa quen de xerar novas posibilidades de aprendizaxe.