"Buenos días Creatividad"

Utilizar metodoloxías didácticas creativas e artísticas na aula eleva nun 17,6% as probabilidades do alumnado de cursar estudos superiores e diminúen un 10% a posibilidade de desemprego. Esta é unha das conclusións principais do informe "Buenos días creatividad", realizado pola Fundación Botín.

Este informe demostra que a fomentar a creatividade dos rapaces, así como as súas características innatas, aumenta as posibilidades de éxito dentro do sistema educativo. Para elaborar as súas conclusións, os autores baseáronse nun estudo realizado por James Caterall a partir de enquisas a máis de 25.000 alumnos en EEUU, que reflectía que os estudantes que se implican nas artes teñen máis probabilidades de escribir, ler e realizar matemáticas complexas de "nivel superior". Ademais, faltan menos a clase e afirman ser máis felices na escola.

O documento destaca a importancia de preservar a creatividade innata dos nenos. Segundo a doutora Martina Leibovici-Mühlberger, "os nenos nacen cunha incrible capacidade de aprender, pensar, vivir e interactuar co seu mundo de forma creativa, pero cando empezan a interactuar co mundo real, inféctanse dos virus que atrasan o seu crecemento na vida: o virus da comparación, da etiquetaxe, da clasificación e a avaliación, da culpa e a crítica. Para cando son adultos, perderon máis do 70% das súas capacidades innatas".

 

Persoalmente, pareceume un documento moi interesante para esta materia, xa que considero que formación do profesorado non só debe ir orientada a sociedade e o entorno no que o sistema educativo se atope inmerso, senon que debe prestar especial atención aos usuarios do servizo do que falamos, é dicir, dos alumnos. 

Ás necesidades dos nenos non deben ser tema baladí, nin para os mestres, nin moito menos para os encargados da formación continua dos mesmo. A aparición de novas metodoloxías que aumentan as posibilidades de éxito dos cativos deben ser o foco de todas as atención dentro do mundo da educación.

 

Aquí deixo un video introdutorio ao informe:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=IN4Aw0zLkoQ

Comentarios