¿Que é a resiliencia?

En relación ó tema do malestar docente, tratouse un termo moi relacionado con este como é a resiliencia, entendida esta tal e como nos expuxo Mónica, como:

  • “ Fenómeno multifacético que abarca factores ambientales y personales” (Rutter,1985).
  • “ Habilidad de crecer, madurar e incrementar la competencia de cara a circunstancias adversas y obstáculos, recorriendo a todos los recursos, tanto personales como ambientales” (Gordon, 1996).
  • “ Aptitud para resistir a la destrucción, es decir, preservar la integridad en circunstancias difíciles: la actitud de reaccionar positivamente a pesar de las dificultades” (Vanistendael, 1994).

Outras definicións de resiliencia correspóndense con:

  • “ La resiliencia es la capacidad que posee un individuo frente a las adversidades, para mantenerse en pie de lucha, con dosis de perseverancia, tenacidad, actitud positiva y acciones, que permiten avanzar en contra de la corriente y superarlas” (E. Chávez y E. Yturralde, 2006).
  • “ La resiliencia es un proceso dinámico que tiene por resultado la adaptación positiva en contextos de gran adversidad” (Luthar, 2000).
  • “ Capacidad del ser humano para hacer frente a las adversidades de la vida, superarlas e inclusive, ser transformados por ellas” (Grotberg, 1995).

 

En canto as características das persoas resilientes podemos atoparnos con tres:

  1. Saben aceptar a realidade tal e como é.
  2. Posúen unha profunda crenza en que a vida ten sentido.
  3. Gran capacidade para mellorar.

 

Ademais disto, as persoas resilientes posúen as seguintes habilidades:

-        Son capaces de identificar de maneira precisa as causas dos problemas para impedir que volvan a repetirse no futuro.

-        Son capaces de controlar as súas emocións, sobre todo ante a adversidade e poden permanecer centrados en situacións de crise.

-        Saben controlar os seus impulsos e a súa conduta en situacións de alta presión.

-        Teñen un optimismo realista, pensan que as cousas poden ir ben, teñen unha visión positiva do futuro e pensan que poden controlar as súas vidas.

-        Considéranse competentes e confían nas súas propias capacidades.

-        Son empáticos.

-        Son capaces de buscar novas oportunidades, retos e relacións para lograr máis éxito e satisfación nas súas vidas.

Desta forma e tras expoñer as características e habilidades das persoas resilientes, pódese destacar que estas teñen unha mellor autoimaxe, son máis optimistas, critícanse menos a si mesmas, afrontar mellor os retos, son máis sanas fisicamente, están máis satisfeitas coas súas relacións, atópanse menos predispostas á depresión …

Finalmente, e centrándonos nos compoñentes a desenvolver para ser resilientes atopámonos cos seguintes:

  • A flexibilidade psicolóxica (concibe o cambio).
  • Ser activo /a (intentar poñer da súa parte).
  • Participación en diferentes actividades (involucrarse).
  • Capacidade de reiniciarse.
  • Tolerancia cun mesmo e cos demais (non hai que tratar de ser perfectos).
  • Apoio emocional.
  • Non fuxir dos problemas se non afrontalos e buscarlle a solución, vendo deste xeito os problemas como retos e non como ameazas.
  • Descansar e recuperar forzas.
  • Confiar tanto nun mesmo como nos demais.

 

    * Webgrafía:

http://motivacion.about.com/od/psicologia_positiva/a/Que-Es-La-Resiliencia.htm