Indefensión aprendida

Fábula: O elefante encadeado

Cando era pequeno encantábanme os circos,e o que máis me gustaba deles eran os animais. Chamábame especialmente a atención o elefante que, como máis tarde souben era tamén o animal preferido doutros nenos. Durante a función, a enorme besta facía gala dun tamaño, un peso e unha forza descomunais... Pero despois da actuación e até pouco antes de volver ao escenario, o elefante permanecía atado a unha pequena estaca cravada no chan cunha cadea. A estaca era só un minúsculo anaco de madeira enterrado uns centímetros no chan. E aínda que a madeira era, parecíame obvio que un animal capaz de arrincar unha árbore de raíz coa súa forza,podería liberarse con facilidade da estaca e fuxir.

Que o suxeita entonces? Por que non foxe?

Preguntei por que e alguén explicoume que o elefante non fuxía porque estaba amestrado.

“Se está amaestrado,por que o encadean?", pregunteime.

Co tempo esquecinme do misterio ata que, hai un tempo descubrín a resposta: O elefante do circo non escapa porque estivo atado a unha estaca parecida desde que era moi, moi pequeno.


Esta fábula amósanos o problema da Indefensión aprendida.

A indefensión aprendida, segundo wikipedia, é un tecnicismo que se refire á condición dun ser humano ou animal que aprendeu a comportarse pasivamente, sen poder facer nada e que non responde a pesar de que existen oportunidades para axudarse a si mesmo, evitando as circunstancias desagradables ou mediante a obtención de recompensas positivas. A teoría de indefensión aprendida relaciónase con depresión clínica e outras enfermidades mentais resultantes da percepción de ausencia de control sobre o resultado dunha situación. A aqueles organismos que foron ineficaces ou menos sensibles para determinar as consecuencias do seu comportamento dinse que adquiriron indefensión aprendida.

Padecemos nós desta afección? A resposta é si.

Permitir todos os recortes no ámbito social, que nos deixan desamparados e mercé dos despotismos do mundo é unha clara mostra del.

Como solucionalo? Iso é algo que está nas nosas máis, nas máis de cada un, pero, sobre todo, nas de todos.

Aquí deixo un video sobre un experimento que se fixo para probar esta teoría.