Ken Robinson

Ken Robinson: 

  • As escolas matan a creatividade…

 

 A continuación recollín algunhas das reflexións que pronuncian no vídeo, algunhas sentín a necesidade de comentalas; outras, penso que xa falan por si mesmas... espero que vos leven a pensar tantas cousas como me levaron a pensar a min...estamolo facendo ben?

 

 ‘ Se lle preguntas a alguén pola súa educación arrincónanche contra a parede porque é desas cousas que chegan ao profundo da xente…’

 

      A miña pregunta ante isto é: a que tememos? a ser intimidados, a non ser

capaces de algo…?

      Realmente sí que é algo que en certa maneira, pero según que contextos, pódenos alterar por pensar que a outra parte non nos cree capaces de algo, porque nós mesmos nos sentimos inferiores… e se isto é así e realmente tanta importancia lle damos a nivel social, porque isto é unha realidade social realmente, unha cousa de prestixio ‘sei máis, menos…podo quedar mellor, peor…’ Por que moitas veces no noso momento de formación non lle damos tanta importancia e incluso se nos chega a facer algo pesado?

Eu sinceramente penso que cando estamos ante unha conferencia, grupo de amigos…e estamos a falar dun tema e sen decir nada nós mesmos nos damos conta que sabemos do que falan, que podemos opinar. Nestes casos dámonos conta do que sabemos pero non damos conta do que nos custou saber esas cousas, en cambio, cando non sabemos defendernos esa barreira da ‘ignorancia’ en vez de empurrarnos cara a sabiduría e preguntar abertamente, que nos informen ou nos den unhas nocións básicas para saber máis do tema, pechámonos en banda, na banda do orgullo. E esta banda xa nos pode levar a posterior curiosidade e informarnos por nós mesmos, pero tamén nós pode levar a situacións do tipo ‘ sei do que me falas pero non me sei explicar agora .../ claro que che entendo! Por quen me tomas? E…opino o mesmo…’ alteracións sen máis mostrando a nosa ofensa ante a nosa ignorancia.

 

A educación é a que nos vai a levar a este futuro que non podemos comprender


Non temos nin idea de como vai ser o mundo en 5 años…e sen embargo supónse que estamos educando aos nenos para el…

 

Esta cuestión realmente máis que nos momentos actuáis, unha vez que empezas a dar conta da importancia social que ten a educación na formación da sociedade, pensei en tempos pasados. Como seríamos educadas as xeracións pasadas para chegar a situación actual do noso país.

Probablemete ante o que estamos sufrindo no ámbito económico a preparación deses cargos hoxe en día será mellor para evitar catástrofes futuras similares pero, e se comezamos a centrarnos no económico e comezamos a descoidar o social? Chegaremos a unha sociedade cuns valores distintos, retrocederemos?

 Afortunadamente en maior ou menor medida, penso que a sociedade vai mudando por sí mesma coa nosa axuda e certos valores que se foron inculcando son os que están hoxe en auxe. Somos unha sociedade que fallou no económico, pero que ‘nalgúns’ aspectos sociais, por fortuna, fumos avanzando.

Eu realmente non recordo ningún momento da miña infancia que tivesemos unha materia que fose: Valores, sexamos persoas de ben. Malia isto todos somos conscientes que non é algo formal, son conceptos e valores que imos absorvendo conforme imos pasando ao longo dos anos. Con isto o que quero dicir é que, os valores tamén se van adaptando as necesidades do momento e probablemente a día de hoxe, se ensinen valores sociais pero ambos combinados cos persoais e económicos. Probablemente será a xeración máis preparada nese caso, manteñamos a esperanza.

 

Os nenos teñen talentos que non desperdiciamos sen piedade.

 Que é iso que dicimos de: son cousas de nenos.

Estamos seguros cando facemos tal afirmación?

Nós xa non o somos?

Por sorte ou por desgracia chegamos aun momento nas nosas vidas no cal, pintar pasou de ser importante, a motricidade pasa a un segundo plano… pasamos dunha idade de pintar cos dedos, movernos ao son dunha música e parar cando esta pare… a usar lápices e con coidado de non romper a punta, pasar horas sentados nun pupitre. Pero sabemos que unha vez de ‘maiores’ cando retomamos certa actividade da nosa infancia, xa sexa pintar ou un simple xogo… esas cousas de nenos, sabemos que seguen vivas dentro nosa.

 

 Que foi da libre expresión da anterior etapa? Pintamos mellor despois con ceras ou a óleo? Ando máis ergueito dende que estou sentado sen moverme?

 Estas actividades pasan a ser de carácter ‘extraescolar’, xa non son ‘tan importantes’ son actividades de lecer, de descanso, inservibles para sacar boas notas en lingua ou en matemáticas… Isto é o que comezamos a sufrir, arte e expresión, segundo plato na educación.

Pensemos no caso de que tomemos certas actividades como extraescolares e nos digan ‘tes potencial, deberías subir de rango’ e que isto implique, federarte, cambiar de colexio para seguir entrenando noutras instalacións… en moitos casos dase o caso do temido: Ata aquí, fai o que tes que facer.

 

Está negado o ser un bo xogador, un/a xinmnasta, músico… con ser intelixente? Que se supón que só o fan os que non valen  para estudar?

Tristemente esta perspectiva é a que se ten moitas veces, outras tense a de ‘vales demasiado para acabar neso…’

Temos que ser conscientes dunha cousa, estamos a falar de capacidades innatas: a danza, a música, a pintura… todo se pode mellorar pero co ritmo, co oído, coa soltura, coa imaxinación…con todo isto nácese.

 

…a creatividade, algo tan importante como a alfabetización.

 …non teñen medo a equivocarse… Se non te equivocas, nunca se che vai ocurrir nada orixinal.

 Por que aos nenos non se lles ensina danza tódolos días que se lle ensina as matemáticas?

 O sistema educativo naceu centrado na Industrialización…edúcanos para esos sistemas, co cal alonxanos do que nos gusta de pequenos xa que se supón que de iso non atoparás traballo.

Xerarquía do sistema educativo: arriba matemáticas e lengua, despois humanidades e por último, artes.

  

Cada vez máis xente se gradua pero…os títulos xa non teñen valor, antes tiñas un título, tiñas un traballo. Se o tiñas era porque o querías.

Debemos cambiar a nosa idea sobre a intelixencia.

 Esta é a realidade sabida por todos e máis a día de hoxe, cada vez xente máis preparada pero sen traballo. Pero penso que xa non é so problema actual que non haxa moita demanda de traballadores, se non que xa é máis unha rutina. Con isto quero dicir que moita xente estuda non polo que lle poida aportar en sí a carreira, estuda porque pode e é o que lle toca, o políticamente correcto, rematas o Bacharelato, toca facer unha carreira. Unha vez que temos a carreira feita é como se xa cumplíramos co noso deber, agora xa nos podemos adicar o que realmente queremos, entón é cando comezan a fluír de novo intereses ‘infantil’.

 Creo que medimos a intelixencia en ‘canto sabes’ e realmente eu creo que se debería medir en ‘como o sabes’, é dicir, o importante non é a calidade, o importante é o modo de saber e entender. A capacidade de razoar para min é a intelixencia. Plantexarlle a dúas persoas un mesmo caso, unha persoa ‘estudiada’ e unha analfabeta, e que nos soprendan co seu parecer, co seu modo de pensar, é como a nosa imaxinación, o razoamento está aí, é algo lóxico que podemos argumentar ou ir trocando con estudio pero a base é a base, e cada un de nós temos unha forma.

 

 “Se desaparecerán tódolos insectos da terra, en 50 anos toda a vida na Terra desaparecería. Se todos os seres humanos desapareceran da Terra, en 50 anos tódalas formas de vida florecerían”


 Usar a imaxinación de maneira sabia…


Conclusión:

Son reflexións, que dan moito que pensar... como ben se fai mención no video, somos só cabezas con información? realmente é o único que nos serve? temos un corpo para expresarnos sen ter necesidade de falar pero sen embargo pensamos que o mellor é facendoo de maneira clara e sen dar lugar a libres interpretacións e que se teña unha idea 'errada' do que queremos dicir...aínda que non dependa de nós, témoslle medo a equivocación.

Tanto dano nos fixo equivocarnos? Non é gracias a equivocarnos que nos damos conta doutras cousas que ata o momento non lle dabamos valor?


Sexamos realistas... nin a perfección é de todo perfecta,

nin o erro a desgraza.