Traballar nun Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE)

Quero recuperar neste intre, esta entrada ó blog xa realizada no pasado ano baixo a materia Tecnoloxía Educativa,   da man da cal interioricei este novedoso concepto para min que agora presento de novo. 

Ó igual que aconteceu no ano anterior coa materia Tecnoloxía Educativa, no presente ano ó longo das clases de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, viñen traballando de primeira man nun Entorno Persoal de Aprendizaxe, máis coñecido polas súas siglas en inglés PLE (Personal Learning Environment), por tal motivo coido que é importante facer referencia a dito concepto. 

É un concepto relativamente novo que implica á vez unha metodoloxía de traballo innovadora e motivadora para os estudantes.

Agora ben, QUE É UN PLE?  

Pois ben, son sistemas que axudan ós estudantes a tomar o control e xestión do seu propio proceso de aprendizaxe, ou dito doutro xeito, un PLE é o conxunto de ferramentas, servizos e conexión que empregamos para alcanzar as diferentes metas vinculadas á adquisición de novas competencias.

Todo isto significa que nos PLE o estudante controla e xestiona a súa aprendizaxe para así lograr os seus propios obxectivos:

- Fixar obxectivos de aprendizaxe.

- Xestionar a súa aprendizaxe, os contidos procesos.

Comunicarse con outros no proceso de aprendizaxe

Un PLE pode estar composto por un ou máis subsistemas. Así, pode tratarse dunha aplicación de escritorio ou ben estar formados de un ou varios servizos web.

Entón un PLE pode incluir a integración de episodias de aprendizaxe formais e informais nunha única experiencia, o emprego de redes sociais e a utilización de protocoles de rede: Peer-to-peer, servizos web, sindicación de contidos para conectar así recursos e sistemas nun entorno persoal e autoxestionado, é dicir, dentro dun espazo xestionado persoalmente.

Con isto, considero que un PLE supón unha infinidade de vantaxes de cara a propia aprendizaxe do estudante ademais dunha ferramenta de traballo  e un espazo de encontro para os alumnos/as que emprega os Entornos Persoais de Aprendizaxe como recurso para a Aprendizaxe Permanente.

De feito, aprender a través dun PLE permite dirixir o proceso de aprendizaxe, conectando información de diversas fontes, información que chega filtrada e comentada pola comunidade na cal se participa, tal e como sucede coa aprendizaxe informal.

Non cabe dúbida de que estamos diante dun termo novo pero que representa dende as súas orixes unha alternativa ós entornos de aprendizaxe tradicional, pois a diferencia das plataformas tradicionais que presentan un enfoque centrado na institución ou curso, os PLE céntranse no usuario, no propio estudante, que crea á vez que consume información e coñecemento para incorporar as súas aprendizaxes.

Os usos do PLE van dende a xestión do coñecemento doutros, como ferramenta de aula, ata a xestión o propio proceso de aprendizaxe.

En concreto, "potencia a conversación e a aprendizaxe social a través da Conectividade e da interactividade", o que supón un desenvolvemento profesional continuo e asegura novos horizontes de coñecemento ós estudantes, pola imprevisibilidade das conexións.

 

FONTES EMPREGADAS:

http://nanotice.blogspot.com.es/2011/07/que-es-un-ple-entorno-personal-de.html

http://tallerple.wordpress.com/2010/06/06/%C2%BFque-es-un%C2%A0ple/

http://es.wikipedia.org/wiki/Entorno_Personal_de_Aprendizaje