A rede social na aula

Na segunda sesión desta asignatura, coñecemos por primeira vez a que sería a nosa ferramenta de traballo durante este curso. As duas veces que estiven matriculada nesta asignatura traballamos con outra ferramenta, o Cartafol electrónico, onde inda se conservan os meus tímidos (e escuetos) intentos de cumplir coa miña labor nesta asignatura.( http://cartafol.usc.es/iremione/ )

Esta nova ferramenta, a rede social, é ao meu entender moito mais accesible para xente coma nos, que non so estamos xa abondo entrenados no seu uso e desfrute, senón que deberiamos entender mellor que nadie a importancia da nosa alfabetización neste medio, dado que xa a dia de hoxe é unha das relacións sociais máis forte que se establece entre os nosos alumnos. É un medio de comunicación constante, fluído e en constante movemento. Afectado por modas, publicidade e manipulación. É polo tanto imprescindible que axudemos aos alumnos como orientadores a discernir as suas utilidades e os seus perigos, sen demonizar, sen asustar e sen acusar. Asimesmo, como asesores debemos facer comprender aos mestres que a rede social non é un gran monstro que os devorará a todos e fará que os alumnos lle perdan o respecto, ao contrario!

Como ilustración do meu xeito de pensar teño unha anécdota persoal curiosa, de certo xeito. Cando comecei a traballar como profe de inglés nun cole de primaria convertinme automáticamente na profesora de "informática", unica e exclusivamente porque son con bastante diferencia a mestra mais nova da escola. A miña única función por aquel entón era mitigar os medos dos demais profesores a meterse na informática. Un ano despois metímonos no proxecto Abalar e todos os nenos de 5º de primaria tiñan o seu propio ordenador, pizarra dixital, ordenador do profesor... isto converteme tamén en técnica informática (desventaxas dos coles privados! un profe ten que servir mil utilidades) o que non se sabe hai que aprendelo... e este foi o meu lema para axudar ás miñas compañeiras a axudarme. Xuntas aprendimos a movernos nun sistema operativo novo (o Ubuntu, de Linux) e xuntas intentamos ensinarlles aos nenos cousas que eles xa sabían... a entendimos que mais nos valía aprender con eles. 

O gran reto para min sigue sendo a dia de hoxe que as miñas compañeiras entendan porque "esa profe que vai de guai cos nenos" ten feito un "Tuenti" so para os meus alumnos e ex alumnos. Unha rede social onde me manteño en contacto con eles cando deixan a escola e asi avaliar as carencias que teñen do inglés (e modificar asi os meus obxectivos de xeito que aprendan cousas mais "utiles"), unha rede social onde contesto dúbidas de alumnos pasados e presentes, sempre cun ton de humor, máis próximo a eles, e onde sempre estou dispoñible para axudarlles non so nos seus problemas como alumnos, senón tamén como pequenos aprendices da vida.

Para rematar deixovos cun artigo que atopei navegando pola rede e que clarifica algúns conceptos. Honestamente non sei se algun compañeiro xa o empregou, pero témome que o meu tempo non é meu, asique non podo seguir a actividade dos meus compañeiros tanto como quixera. (Sobretodo dende que se nos uniu outro grupo de alumnos e me perdo entre Asesoramento e Tecnoloxía Educativa)

Comentarios