A resiliencia.

Na última das clases de Formación do Profesorado, un dos temas que xurdiron foi o da chamada resiliencia. A resiliencia é a capacidade para afrontar a adversidade e lograr adaptarse ben ante as traxedias, os traumas, as amezas ou o estrés severo. As persoas resilientes posúen tres características principais:

- Saben aceptar a realidade tal e como é.

- Teñen unha profunda crenza en que a vida ten sentido.

- Inquebrantable capacidade  para mellorar.

Pero a resiliencia non é algo que unha persoa teña ou non teña, senón que impliaca unha serie de condutas e formas de pensar que calquera persoa poida aprender e desenvolver.

Informándome sobre este tema en Internet, atopei a páxima do Instituto Español de Resiliencia. Este é un proxecto que xurde da demanda que recibe a Fundación Humanae por parte das empresas para previr o estrés e os riscos psicosociais derivados de este.

Constitúese como un proxecto independente en novembro de 2010, despois dunha década adicada á investigación sobre a resiliencia e da probada eficacia do Programa de Desenvolvemento Persoal impartido pola Dra. Santos. En maio de 2011 a SETEPT (Sociedade Española de Especialistas en Estrés Postraumático) anexionase ao IER como centro de foemación e investigación para o desenvolvemento da resiliencia.

Dende o IER adicanse principalmente a 3 ámbitos:

- Formación e desenvolvemento:elaboran programas e implantan proxectos adaptados ás necesidades dos clientes para alcanzar un nivel adecuado de resiliencia. Dentro de este ámbito realizan actividades para o desenvolvemento da resiliencia individual con ferramentas de coaching, e o desenvolvemento da resliencia organizativa mediante programas de empresa e proxectos de formación.

- Asistencia e prevención: preocúpanse por proporcionar ás persoas os recursos psicolóxicos necesarios que lles permitan afrontar con éxito as adversidades e retos na súa vida, facilitar ás organización as políticas, metodoloxías e recursos funcionais necesarios para que sexan capaces como sistema de dar resposta aos cambios e incertidumes do entorno. Realizan consultoría para a prevención do estrés e para o desenvolvemento da resiliencia persoal e organizacional.

- Divulgación:

  • Organizar Xornadas, Cursos monográficos e outros eventos abertos que propicien o encontro entre diferentes profesionales que traballan coa resiliencia e desexen compartir a súa experiencia.
  • Manter unha páxina Web actualizada: con esto pretenden xerar unha ventá aberta para divulgar e promocionar o paradigma da Resiliencia.
  • Animar a participar na rede ao máximo de persoas ca fin de recopilar persoaxes resilientes que sirvan de modelo de desenvolvemento da resiliencia nos distintos ámbitos.
  • Manter unha comunicación continua para intercambiar información e material de formación a quen o desexe.
  • Crear unha plataforma de profesionais, psiquiatras e psicólogos, e tamén capacitar aos que o desexen ou certificar a súa especialización se están traballando neste ámbito.
Aquí vos deixo un enlace de Youtube que nos explica un pouco máis sobre este tema:
 
Fonte: