Homeschooling

O Homeschooling, ou educación no fogar naceu en Estados Unidos nos anos setenta. É o proceso mediante o cal se persegue a educación dos nenos exclusivamente no contexto do fogar familiar ou en círculos un pouco máis amplos (veciñanzas, parroquias, etc.), pero en todo caso fóra das institucións tanto públicas como privadas. Esta tendencia significa asumir, de xeito integral, a educación dos fillos, tanto nos aspectos de adquisición de coñecementos e habilidades, como na transmisión de valores e principios, por parte da familia.

                                        Imaxe homeschooling

A pesares de ser o modelo de ensino máis tradicional, gañou popularidade a partir da década dos 80, nos EE.UU.

Existen diferentes tipos de educación no fogar que se poden clasificar en tres:

  • Educación libre ou non formal: Caracterízase pola nula existencia de metodoloxías de ensino-aprendizaxe; xa que é o rapaz quen marca os límites.
  • Educación curricular no fogar: Seguen o deseño curricular da escola, de xeito que os pais son intermediarios entre a escola e os seus fillos; converténdoos, desta maneira, nos únicos encargados do proceso de aprendizaxe.
  • Formas intermedias de educación no fogar: As metodoloxías escollidas son intermedias ás descritas, xa que dende as casas optaron por diversos graos de rixidez na transmisión de coñecementos.

A pesares de ser un modelo formativo que permite un traballo máis individualizado e persoal con cada neno, non está regulado no noso pais, mais existe certo “baleiro legal” ao respecto que permite educar aos nenos fora do entorno da escola. Poren, existe a crenza de que é unha práctica ilegal, xa que os departamentos de benestar denuncias, en reiteradas ocasións, a familias que non teñen aos seus fillos escolarizados en centros educativos; a cal dista, en gran medida da realidade, posto que a sanción máis dura imposta por dito “delito” é a obriga de escolarizar ao cativo nun centro escolar.

Os principais motivos polos que algúns pais se decantan por esta práctica son: razóns relixiosas ou ideolóxicas, considerar esta alternativa a máis adecuada para a adquisición de coñecementos e habilidades para os seus fillos e fillas, evitar o adoutrinamento dos pequenos, protexer aos seus fillos dos demais nenos, baixo ritmo da aprendizaxe en centros educativos, fomentar a iniciativa e a creatividade dos rapaces, maior liberdade horaria...

En España, a educación no fogar non se considera inconstitucional, aínda que está suxeito a regulación legal. Con todo, para que a alternativa do réxime do ensino básico obrigatoria resulte conforme á Constitución precisa ser  moi traballada e esclarecida, todavía. 

 

Dende un punto de vista obxectivo, este modelo educativo permite avanzar e educar a un rapaz máis en profundidade, atender mellor as súas necesidades, fomentar a súa creatividade e eliminar os tediosos horarios aos que os nenos se enfrontan nun colexio ordinario. Mais a que parece o xeito máis idoneo de educar ten as súas carencias. Eu destacaría as seguintes:

  • A educación en solitario limita o desenvolvemento de determinados valores sociais, máis alá do nivel teórico, xa que, dende a miña opinión, que un cativo teña que debater diferentes puntos de vista con outros, contribúe a abrir a súa mente, e a desenvolver a tolerancia e o respecto.
  • Reduce os índices de socialiación entre grupos de iguais, posto que a súa rede social presenta unha menor amplitude que a doutro alumno dun colexio ordinario.
  • Os tempos de descanso que se dan para non saturar ao neno no se proceso de instrución, non son desfrutados con persoas alleas ao seu ambiente familiar, polo que se tende a sobreprotección e a un desenvolvemento a menor ritmo das habilidades sociais (empatía, asertividade...).
  • Non aprenden a asumir actitudes, tan necesarias para o seu futuro, como aceptar un horario, xa que, dende a educación no fogar non se lles esixe.

Tal vez a formación reglada en centros educativos non sexa o mellor xeito de educar, pero se algo teño claro é que a educación no fogar limita aos rapaces en moitos aspectos, e, polo que parece os defensores desta modalidade esquécense, na maioría dos casos, que educar é algo moito máis complexo que transmitir información. 

 

Fontes:

http://es.wikipedia.org/wiki/Educaci%C3%B3n_en_el_hogar

http://www.todopapas.com/ninos/educacion/homeschooling-la-educacion-en-casa-1470