Cuestionario sobre o Practicum II

Bloque I: Ser pedagogas e pedagogos no século XXI

  • Sentístesvos realizados como pedagogos coas actividades que puxestes en práctica? Si, moito. Tiven a gran sorte de estar nun centro cunhas caracterísitcas moi especiais, así como de contar con profesionais moi competentes, que non dubidaban en encomendarme tarefas e depositar toda a súa confianza en min, polo que cheguei  recibir a asignación de traballos de gran responsabilidade como a modificación do Proxecto Educativo de Centro e o Reglamento de Réxime Interno.
  • Como futura profesional da pedagoxía, pensas que desenvolveches ese papel ou outros? Desenvolvín ese papel e outros. As características do centro esixen, aos profesionais que traballan nel, un gran dinamismo e un amplo avano de habilidades formativas, e ao ser eu, considerada case unha parte desa “gran familia” non estaba exenta de ter que traballar no que se fora presentando, a nivel educativo, independentemente das súas características.
  • Cal é o interese pedagóxico do proxecto deseñado previamente? Puido ser desenvolto? Que aconteceu? O proxecto que eu deseñei trataba de mellorar e fomentar as habilidades sociais nos pequenos. Dende o meu punto de vista ten un gran interese pedagóxico, xa que contribuír a desenvolver suxeitos adaptados a sociedade é unha das principais partes da educación nos nosos tempo, e nós, como profesionais do campo, non debemos esquecelo. Tiven a gran sorte de poder poñelo en práctica e ser eu axente directo de proxección, é dicir, eu como formadora. Foi unha experiencia única que me serviu para aprender a traballar con sectores de menores conflitivos que carecen das máis básicas habilidades sociais, a causa da marxinalidade do entorno no que vivían ou dunha carencia de referentes sólides neslas lides. Así mesmo, hei de dicir que para o centro foi moi enriquecedor, posto que non tiñan elaborado ningún proxecto deste tipo para o sector de idade que eu escollín. Dado éxito do mesmo, o meu proxecto forma parte do panorama educativo do centro, debido a que dende alí mo pediron para poder seguir empregándoo eles mesmos.
  • Identifícaste nun futuro coa experiencia profesional vivida? Si, sen lugar a ningunha dúbida. Paréceme traballo incrible, que enriquece a calquera, non ó a nivel profesional, senon, tamén, a nivel persoal.

 

Bloque II: Sobre os profesionais cons que nos relacionamos.

  • Que opinión vos merece o funcionamento dos profesionais na institución na que estivestes? Considero que as actucións e o traballo de todos os profesionais do centro é brillante e intachable.
  • Que importancia daban os profesionais ao traballo en equipo? Observastes algunha situación que poderiades calificar de “boas prácticas”? Sen lugar a dúbias, o traballo en equipo era a base do correcto funcionamento do centro. Isto débese a que o traballo de uns depende do dos outros e viceversa, é dicir, que de existir conflitos entre os diferetnes profesionais o trabllo sería moito máis lento e desenvolto de xeito máis torpe e simple. Por isto, a práctica totalidade das intervencións dos traballores poden ser consideradas boas prácticas.
  • Que tipo de relacións observastes entre os profesionais da institución? Como xa dixen, as relacións son excelentes entre eles, posto que son persoas e profesionais moi concienciados coa causa do Programa de Acollemento Residencial e, ao mesmo tempo, son individuos perfectamente conscientes do dano que pode sufrir o centro a causa dos problemas que entre eles poidan xurdir.
  • Sentícheste integrado como un profesional máis do centro? Si, dende o primeiro momento (existía a experiencia previa do Practicum I).

 

Bloque III: Formación do profesorado.

  • Que necesidades de formación do profesorado identificastes na institución educativa na que desenvolvestes o Practicum II? Ao non existir profesorado, non detectei tal carencia, mais os traballdores do centro non cesan na súa continua formación, para evitar carecer de recursos no caso de que se dee unha nova situación de conflito entre os menores.
  • Observastes algunha actividade de formación permanente do profesorado na institución na que estiveches? Como xa dixen, non hai profesorado no centro no que eu estiven, máis partipei nunha xornada de formación sobre o “abuso sexual infantil”, que foi moi interesante e enriquecedora para min.
  • A experiencia do Practicum permitiuche comprender mellor o papel do profesional na insitución na que estiveches? Si, por suposto.
  • Na institución na que estiveches había profesionais traballando como profesores sen ser sido formados como tales? Que pensades ao respecto? Os educadares do centro os os encargados de axudar aos nenos coas tarefas que se lle encomendan para desenvolver no fogar. Dende o meu punto de vista non é o máis adecuado, nin para o cativo, nin para o educador; mais os continuos recortes están obrigando a isto.
  • Credes que a formación dos profesores cos que compartistes a experiencia do Practicum é a máis adecuada para a súa condición de profesionais da ensinanza? Por que? Considero que, a causa das características do centro, non poderían existir mellores profesionais, xa que a organización non só require preparación formativa, senon tamén determinadas actitudes e aptitudes.
  • Pensades que é preciso posuír formación específica para un contexto institucional determinado? Por suposto. Cada ámbito é un mundo e para realizar un traballo, de xeito óptimo, coñecer ao que nos imos enfrontar é básico.

 

Bloque IV: Identificación de necesidades.

  • Identifiscastes algún punto débil na vosa formación a raíz da experiencia do Practicum? Si. Considero que a formación do pedagogo estase distanciando moito de ámbitos profesionais coma este. É unha instrución avocada a ser cada vez máis fría e máis cerrada sobre institucións de formación específicas. Non deben esquecerse, dende as universidades, que a educación está en todas partes e que non se debe marxinar ningún a ámbito de intervención, e menos agora que o número de familias que necesitarán recorrer a este tipo de organizacións será maior,a causa da actual conxuntura. Dende a miña experiancia eu de dicir, que me vin obrigada a construír omeu propio coñecemento sobre o ámbito de acollemento, sobre o cal non traballamos en ningún momento durante a nosa formación.
  • Que neceasidades ou carencias observastes na institución na que deselvostes o Practicum? A causa da escasa formación sobre este ámbito, non podo realizar njingunha reseña destacable, mais só mencionar a escasa as escasas competencias que os profesionais porsúen, en xeral, a nivel TIC.

 

Bloque V: Conciencia da vosa formación.

  • Tivestes a experiencia de enfrontarvos a situacións complexas e sentirvos competentes para solucionalas? As propias características do centro fan que a situación complexas se den case a diario. Eu tiven que enfrontar a varias, en diferentes momentos e situacións, e sempre fun quen de tirar para adiante sen axuda dos traballadores do centro, o cal fixo que me sentise realizada.

 

Bloque VI: Repercusións dos recortes.

  • Que repercusións dos recortes en educación observastes na institución na que realizastes o Practicum? O máis claro foi un menor número de recursos materiais; máis menores e menos educadores; necesidade de reducir gastos en aspecots básicos (o cal dende o meu punto de vista é denigrante) como auga, luz, comida, etc.